Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

A folga en Froiz Caranza deixa a tenda pechada.

    Cun seguimento masivo por parte do cadro de persoal, alcanzando o 95%, o que imposibilitou a apertura do establecemento ao público durante todo o día.

    25/04/2025.
    Folga en el supermercado Froiz de Caranza (Ferrol)

    Folga en el supermercado Froiz de Caranza (Ferrol)

    Este éxito de participación demostra, unha vez máis, o fondo malestar existente entre as traballadoras e traballadores da tenda situada na rúa Juan de Austria, tras a decisión da empresa de retirar o servizo de vixilancia privada. Unha medida incomprensible que, tal como xa denunciamos, volveu xerar medo e inseguridade entre o persoal, despois dun período no que se conseguira recuperar un clima laboral tranquilo e protexido grazas á presenza dese servizo.

    Desde a sección sindical de CCOO Servizos queremos agradecer e poñer en valor o compromiso e a unidade do cadro de persoal, que hoxe deixou claro que non está disposto a tolerar máis retrocesos nas súas condicións de traballo.

    Seguiremos esixindo:

    Restablecemento inmediato do servizo de vixilancia privada.

    Formación específica para afrontar situacións de risco.

    A creación dun protocolo eficaz ante situacións de perigo.

    Se a empresa mantén a súa negativa a garantir un entorno de traballo seguro e digno, continuaremos coas mobilizacións.