Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Xaneiro 2025.

Mobilizacións en todo o Estado para esixir unha solución a Muface

    CCOO, UGT, USO, ANPE, ADIDE, USIE, UFP, SUP, ACAIP e SIAT convocaron este mércores mobilizacións en todo o Estado para esixir unha solución á situación de Muface. Reclaman un acordo que dea tranquilidade e calma para a asistencia sanitaria de calidade para 1,5 millóns de persoas funcionarias.

    11/12/2024.
    Concentración fronte á sede de Muface na Coruña (11/12/2024)

    Concentración fronte á sede de Muface na Coruña (11/12/2024)

    En Galicia, onde hai 63.000 mutualistas afectados, houbo concentracións fronte ás sedes de Muface na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Estas traballadoras e traballadores son persoal funcionario de ámbitos tan diversos como o ensino, administración xeral do Estado, Correos, prisións, Axencia Tributaria, entre outros organismos.

    As organizacións sindicais esixen que se concrete o antes posible un acordo estable, razoable e satisfactorio, que garanta a calidade asistencial a todas e todos os empregados públicos, e que os servizos médicos e sanitarios ofertados non se vexan minguados, senón que, pola contra, melloren as súas prestacións.