Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Xaneiro 2025.

Enquisa sobre a visión das comunidades LGTBI+: postos de traballo e acceso ao emprego

    O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Por desgraza, para os colectivos LGTBI+, algúns deses dereitos aínda hoxe se ven adoito erosionados no ámbito laboral ou no acceso ao mercado de traballo, moitas veces por unha LGTBI+fobia estrutural.

    09/12/2024.
    A enquisa, totalmente anónima, poderase cubrir durante tres meses

    A enquisa, totalmente anónima, poderase cubrir durante tres meses

    Por exemplo, impídeselles ás persoas LGTBI+ vivir as súas xornadas de traballo desde a tranquilidade e a seguridade, en igualdade de trato e condicións, sen temor a sufriren discriminación, acoso ou violencia pola súa pertenza a algúns dos colectivos identificados nestas siglas.

    Baixo a premisa de ser necesaria a sensibilización de todas as persoas, poñemos á vosa disposición un cuestionario cuxa idea naceu nunha xornada organizada por Comisións Obreiras polo Día do Orgullo deste 2024. O Gabinete de Igualdade de CCOO traballou para incorporar nel un abano de preguntas que facilite un achegamento máis profundo á hora de abordar esta cuestión nas empresas desde a acción sindical.

    A dita enquisa estará aberta durante os vindeiros tres meses e, dado que non se recollerá ningún dato persoal, será totalmente anónima.

    Ligazóns relacionadas
    Ligazóns relacionadas