Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Decembro 2024.

Asinado o calendario laboral da construción da provincia de Pontevedra

    CCOO Hábitat asinou o 2 de decembro o calendario laboral para o sector da construción na provincia de Pontevedra para o ano 2025.

    05/12/2024.
    Calendario laboral da construción de Pontevedra | Fondo da imaxe: Pixabay

    Calendario laboral da construción de Pontevedra | Fondo da imaxe: Pixabay

    O acto de asinamento tivo lugar en Vigo e contou coa presenza de representantes do sindicato e das patronais do sector, que traballaron conxuntamente para establecer un calendario que garanta unha correcta organización laboral e unhas condicións máis equitativas para os traballadores e as traballadoras.

    Este calendario asinouse dentro do marco normativo do convenio estatal da construción, que xoga un papel fundamental ao ofrecer unhas bases estables e uniformes para todo o sector e impedir que ningún convenio de ámbito inferior poida establecer unha xornada superior ás 1736 horas anuais.

    Segundo o calendairo asinado, serán festivos de convenio: 3 e 4 de marzo; 14, 15 e 16 de abril; 2 de maio; 24 de xullo; 14 de agosto; 31 de outubro; 24, 26 e 31 de decembro.