Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Decembro 2024.

CCOO reforza a atención sindical cun novo local en Carballo

    Comisións Obreiras (CCOO) inaugurou en Carballo un novo local sindical, situado no número 9 da praza de Galicia. O secretario xeral comarcal, Cristóbal González, destaca que con estas novas instalacións «reforzamos a nosa presenza e servizos» na zona de Bergantiños.

    03/12/2024.
    Cristóbal González e Amelia Pérez, no novo local de Carballo

    Cristóbal González e Amelia Pérez, no novo local de Carballo

    Na estrea da nova sede, o pasado 28 de novembro, estiveron presentes a secretaria xeral de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, xunta unha representación sindical dos diferentes sectores, autoridades locais, empresariado e diferentes axentes sociais.

    Para CCOO, contar con este espazo é «unha mostra do compromiso» do sindicato por achegar os seus servizos á clase traballadora, neste caso procurando evitar ou reducir desprazamentos á sede comarcal, situada na Coruña.

    «A proximidade é unha das esencias do sindicalismo e temos que facer o esforzo de achegar o sindicato ás persoas traballadoras», destaca Cristóbal González.

    O novo local está situado nunha zona céntrica de Carballo, na praza de Galicia, a escasos cinco minutos da casa consistorial da localidade.