Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

CCOO asina o calendario do sector da carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña

    A Federación do Hábitat de CCOO informa do asinamento do calendario laboral 2025 do sector da carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña.

    18/10/2024.
    Foto: Pixabay

    Foto: Pixabay

    Acordouse que os festivos de convenio serán nove, consonte o artigo 20 do convenio colectivo, en concreto: 2 e 3 de xaneiro, 4 de marzo, 2 de maio, 24 de xuño e 24, 26, 30 e 31 de decembro.

    No suposto de coincidencia dun festivo de convenio co festivo local, pasará ao día anterior. Así mesmo, no caso de cambio de normativa canto á xornada máxima anual, a comisión mixta revisará o calendario aprobado.