Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

Por esmagadora maioría, o persoal rexeita as condicións do ERE de MásOrange

    CCOO informa do rexeitamento maioritario do persoal ás condicións do ERE de MásOrange. Cun «contundente» 78 %, as traballadoras e traballadores rexeitaron a oferta final da dirección do grupo, un resultado previsible tras as «multitudinarias» asembleas e concentracións deste martes en Galicia e no resto de territorios do Estado onde ten presenza o grupo.

    15/10/2024.
    Non ao ERE en MásOrange

    Non ao ERE en MásOrange

    CCOO lembra que as condicións do ERE recollen centos de despedimentos forzosos, prexubilacións insuficientes e indemnizacións irrisorias, moi lonxe das características de procesos similares que se deron noutras empresas do sector, como Vodafone.

    Debido ao «esmagador» resultado, CCOO comprométese a non aceptar, polo tanto, a última oferta da dirección e insta os demais sindicatos a faceren o mesmo.