Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

Proxección Película

10 de Marzo

    15/10/2024.
    Cartel Película "10 de Marzo"

    Cartel Película "10 de Marzo"

    Sindicato Comarcal de Pensionistas de CCOO de Arousa, e co a colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa, en un acto aberto o público e con entrada libre:

    Proxectarase a película:

    “10 de Marzo”

    Terá lugar o vindeiro 17 de outubro de 2024, en Vilagarcía de Arousa, no Salón García as 19:30 horas.

    Nesta cinta presentarase un documento que reflexa os actos ocorridos como consecuencia da negociación do convenio da Bazán Ferrol no ano 1972.

    Miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade, en plena ditadura.

    A Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.

    O filme aborda todo o proceso de penetración das Comisións Obreiras e do Partido Comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso dos 23” no que os principais dirixentes obreiros foron xulgados tres anos máis tarde

    Dito acto sería presentado por dúas partes:

    ·         A parte técnica, correrá a cargo do propio director da obra, Roi Casal.

    ·         A parte histórica será presentada polo secretario xeral da Federación de Pensionistas de CCOO de Galicia, Carlos Mella Teijo, testemuña presencial dos acontecementos.

    Posteriormente celebrarase un coloquio.