Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

Resumo do RD 1026/2024, polo que se desenvolven as medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTBI nas empresas

    O Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia elaborou un resumo do Real Decreto 1026/2024, de 8 de outubro, polo que se desenvolve o conxunto planificado das medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTBI nas empresas.

    14/10/2024.
    Por primeira vez, regúlanse medidas para garantir a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI+

    Por primeira vez, regúlanse medidas para garantir a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI+

    Tal como lembra o Gabinete, o pasado 1 de marzo de 2023 publicouse no BOE a Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, cuxo obxecto é desenvolver e garantir os seus dereitos erradicando as situacións de discriminación para asegu­rar que en España se poida vivir con plena liberdade a orientación sexual, a identidade sexual, a expresión de xénero, as características sexuais e a diversidade familiar.

    Con esta normativa, establécese o marco xeral e compartido co ordenamento laboral da UE para a igualdade de trato no emprego e a ocupación.

    A norma incorporou no artigo 15.1 a obriga de que as empresas de máis de 50 persoas traballa­doras conten cun conxunto planificado de medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI, que inclúa un protocolo de actuación para a atención do acoso ou a violencia contras as persoas LGTBI; pero deixaba a determinación do alcance e contido destas medidas ao desenvolvemento regulamentario, explicitando que as medidas deberan ser pacta­das mediante a negociación colectiva e acordadas coa representación das persoas traballadoras.

    No RD que agora agora se resume contense ese desenvolvemento regulamentario do artigo 15.1 da Lei 4/2023, de 28 de febreiro, que é froito do diálogo social, tras un longo e complexo proceso negociador entre o Ministerio de Traballo e Economía Social e as organizacións sindicais e em­presariais de CCOO, UGT, CEE e CEPYME, co cal queda avalado o proceso de elaboración desta norma.