Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

CCOO asina o calendario da construción da provincia da Coruña

    A Federación do Hábitat de CCOO informa do asinamento do calendario laboral do 2025 para ao sector da construción da provincia da Coruña, aprobado por unanimidade da asistencia. Recóllense como datas festivas as que se indican a seguir: 2 e 3 de xaneiro; 3 e 4 de marzo; 14, 15 e 16 de abril; 2 de maio; 31 de outubro; 24, 26 e 31 de decembro.

    11/10/2024.
    CCOO asina o calendario laboral da construción da Coruña

    CCOO asina o calendario laboral da construción da Coruña

    Pola súa parte, os festivos locais serán os que se determinen no calendario de festas publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

    Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral, de acordo co artigo 67.4 do convenio xeral do sector da construción.

    No caso de que algún festivo local coincida cun festivo de convenio ou sábado, este último pasará ao anterior día laboral. Así mesmo, se algún festivo de convenio coincide con período de vacacións, non computará como día de vacacións.

    Por outra parte, se o convenio estatal da construción pacta unha xornada diferente á establecida ou se produce algunha modificación legal canto á xornada laboral, as partes asinantes comprométense a adecuar o calendario á nova situación.