Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

CCOO e UGT defenden a institucionalización do diálogo social en Galicia a través dun regulamento específico

    O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e a secretaria xeral do S. N. de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, reuníronse este xoves en Santiago co conselleiro de Emprego, José González. Nesta xuntanza concluíron a necesidade de institucionalizar o diálogo social en Galicia. Para conseguilo, a Xunta ten previsto promover un regulamento específico, seguindo o exemplo doutras comunidades autónomas.

    10/10/2024.
    A mesa de igualdade será a primeira en se reunir e comezar os seus traballos

    A mesa de igualdade será a primeira en se reunir e comezar os seus traballos

    Malia esta coincidencia, CCOO e UGT séguenlle reclamando ao Goberno galego a creación dunha mesa de política social onde poder abordar diferentes problemáticas que se dan no noso país canto á prestación dos servizos sociais.

    As mesas cuxa creación está confirmada son as de igualdade, que ademais será a primeira en se reunir e comezar os seus traballos; a de industria e enerxía; a de emprego, onde tratar as necesidades de perfís profesionais que demandan as empresas; e a de seguridade e saúde laboral.

    Canto a esta última mesa, os sindicatos aplauden a súa creación, pois levábana reclamando desde había meses. UGT e CCOO coidan imprescindible traballar canto antes na elevada sinistralidade laboral que se dá entre a poboación traballadora galega. Tamén tratará a necesidade de acometer o fenómeno do absentismo desde múltiplas perspectivas, tendo en conta ademais a situación da sanidade pública galega (listaxes de espera, falta de medios na atención primaria, etc.).