Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

Axudas do programa Bono Coidado / Bono Concilia Familia (2024)

    O Gabinete de Igualdade informa da publicicación da convocatoria de axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia.

    19/09/2024.
    Xa está aberta a convocatoria 2024 do Bono Concilia Familia

    Xa está aberta a convocatoria 2024 do Bono Concilia Familia

    Que é o Bono Concilia?

    É unha solución económica ás necesidades de conciliación, consistente na concesión de axudas ás familias residentes en Galicia con menores de ata 12 anos, destinadas a colaborar no pagamento do importe de servizos de atención a nenos e nenas: cobertura de necesidades puntuais de conciliación.

    A que se destina?

    A cuestións como a contratación dunha persoa de xeito temporal para o coidado do neno ou nena; a contatación de servizos de atención á infancia a domicilio; á asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Xunta ou a asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos.

    Quen ten dereito?

    Pais/nais e persoas titoras de nenos e nenas de ata 12 anos de idade, estes incluídos, ou as per­soas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que resi­dan na Comunidade Autónoma de Galicia. Han cumprir os seguintes requisitos:

    — Que o neno ou a nena nacese o 1 de xaneiro de 2011 ou con posterioridade a esta data. 

    — Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor/a de familia monoparental estean traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por necesidades en períodos de vacacións escolares.

    Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo en que esta se exerza efectivamente; nestes casos, cada pai/nai deberá presentar unha solicitude individual.

    Cal é a contía?

    A achega pode acadar un máximo do 75 % do custo das actuacións previstas e cun límite segundo distintas situacións.

    Pódese obter máis información no documento anexo a esta nota informativa.