Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

CCOO e UGT chaman a mobilizarse pola redución da xornada laboral

    CCOO e UGT chaman a mobilizarse o vindeiro 26 de setembro pola redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais como máximo. Con este fin, haberá concentracións diante das sedes provinciais das patronais. A maiores, o propio 26 tamén haberá unha protesta en Viveiro e o día 25 unha manifestación en Pontevedra.

    19/09/2024.
    Intervención de Amelia Pérez, canda o secretario xeral de UGT-Galicia

    Intervención de Amelia Pérez, canda o secretario xeral de UGT-Galicia

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, compareceu hoxe diante dos medios de comunicación canda o seu homólogo da UGT, José Antonio Gómez, para dar conta destas mobilizacións.

    «É unha cuestión de xustiza social», subliñou a secretaria xeral de CCOO, quen avogou polo asinamento dun pacto no seo do diálogo social. Porén, se isto non for posible, instou o Goberno «a lexislar, non vale escudarse en que non hai un acordo tripartito».

    Se for o caso, Amelia Pérez avogou por lexislar, «levalo ao Parlamento e que cada partido se retrate».

    Por outra banda, a sindicalista reprochoulle á patronal ser «belixerante» con cuestións como a suba do salario mínimo ou a redución da xornada, pero non alzar a voz «cando do que se fala é das altas taxas de sinistralidade», moi ligadas á precariedade laboral.

    Mobilización 25 de setembro

    — Pontevedra (só CCOO). Manifestación ás 11 h desde o sindicato ata a Cámara de Comercio.

    Mobilizacións do día 26 de setembro

    — A Coruña. Ás 11.30 h na praza de Luís Seoane, n.º 1.

    — Lugo. Ás 11.30 h na praza de Santo Domingo, n.º 6.

    — Ourense. Ás 12 h na praza das Damas, n.º 1.

    — Vigo. Ás 11.30 h na rúa de García Barbón, n.º 104.

    — Viveiro. Ás 12 h diante do edificio sindical.