Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

CCOO GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN AUDASA – PONTEVEDRA.

    O anterior Comité era de 5 membros: 3 correspondentes a UGT e 2 a CIG. Nestas eleccións CC.OO. obtivo mais votos, —35 — e 3 Delegad@s,

    05/09/2024.
    CCOO gaña nas eleccións sindicais de AUDASA-Pontevedra

    CCOO gaña nas eleccións sindicais de AUDASA-Pontevedra

    Durante a xornada do mercores, en mesa itinerante, tiveron lugar as eleccións sendicais en AUDASA-Pontevedra, ás que estaban convocados un total de 111 traballador@s para elixir un Comité de Empresa de 9 membros. O anterior Comité, que finalizaba o mandato, era de 5 membros: 3 correspondentes a UGT e 2 a CIG.

    Nestas eleccións CC.OO. presentamos candidatura, que foi a que obtivo mais votos,  35 e 3 Delegad@s, a CIG 33 votos e 3 Delegad@s e a UGT 29 votos e 3 Delegad@s, superando a participación dos traballador@s na votación o 90%.

    CC.OO. presentamos un programa electoral denunciando que o Convenio Colectivo asinado e que remata a finais de ano, supúxolle unha perda de poder adquisitivo do -8,2% aos traballador@s, debido a que se asinou un Convenio Colectivo sin cláusula de revisión salarial, e resulta totalmente inaceptable que nunha das empresas con mais beneficios de Galicia, os traballadore@s perdan poder adquisitivo.

    Sen dúbida o resultado das eleccións sindicais resposta ao malestar existente no plantel, pero tamén as inquedanzas sobre do futuro da concesión, que pon en risco a continuidade dos seus postos de traballo, e así unha parte importante do plantel decidiu depositar a súa confianza en CC.OO., o que agradecemos, e que servirá para corrixir na próxima negociación colectiva na empresa os desequilibrios que se teñen producido coa xestión realizada pola UGT e a CIG.

    Desde CCOO agradécenlles aos traballadores e traballadoras a confianza depositada na organización e que «unha representación sindical forte, especialmente de Comisións Obreiras, é a garantía para a defensa dos dereitos laborais e a consecución de mellores condicións de traballo».