Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2024.

CCOO organiza o 6 de setembro en Vigo unha nova Xornada Sindical da Muller

    A Unión Comarcal de CCOO de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo, organiza o vindeiro 6 de setembro unha nova edición da Xornada Sindical da Muller. Este ano, so o título "Medidas e recursos nas empresas para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas".

    26/08/2024.
    Xornada Sindical da Muller | 6 de setembro do 2024, en Vigo

    Xornada Sindical da Muller | 6 de setembro do 2024, en Vigo

    O encontro comezará ás 9:00 coa entrega de acreditacións e, pouco despois, un saúdo de Puri Bernárdez, secretaria comarcal de Muller e Igualdade de CCOO. A seguir tomará a palabra Ana Laura Iglesias, concelleira de Igualdade e Comercio do Concello de Vigo.

    Ás 9:30 está prevista unha intervención de Iria Antuña, secretaria de Muller e Igualdade da Federación estatal de Ensino de CCOO, na cal falará dos permisos por coidados e os conceptos de conciliación e corresponsabilidade.

    A seguinte relatora, cara ás 10:30, será Marta Sorribes, delegada da sección sindical de CCOO no CSIC, quen tratará o protocolo antiacoso na entidade e o acoso ás mariñas e biólogas nas embarcacións.

    Tras o descanso, pecharán a xornada de mañá Roberta Mattia, técnica de formación en diversidade sexual e de xénero, e Antón Freire, fiscal da Fiscalía Provincial da Coruña, que falarán sobre a lei trans.

    A sesión de tarde comezará ás 15:30 coa proxección do filme As neves, de Sonia Méndez. Tras a visualización da fita terá lugar un debate e, xa ás 17:30, clasurará a xornada a secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, Montserrat Carrera.