Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 8 Setembro 2024.

Mobilizacións en todo o Estado das traballadoras e traballadores da Seguridade Social

    Medidas que esperamos sirvan para sacar da súa inactividade ao secretario de Estado da Seguridade Social, Borja Suárez, e para que cumpra o Acordo que el mesmo asinou para reorganizar e fortalecer á Seguridade Social.

    23/07/2024.
    Mobilización do persoal Seguridade Social

    Mobilización do persoal Seguridade Social

    O pasado 17 de xullo de 2024, os lexítimos representantes do persoal no ámbito das Entidades Xestoras e os Servizos Comúns da Seguridade Social (CSIF, CCOO, CIG e ELA) acudiron a unha sorprendente reunión da Mesa Delegada da Seguridade Social convocada pola Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións.

    O único claro antes da reunión é que a subsecretaria do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Cristina Navarro Enterría, delegara mediante Resolución do 5 de xullo “na persoa titular da Secretaría de Estado de Seguridade Social e Pensións a presidencia da Mesa Delegada da Seguridade Social.” Neste caso, Borja Suárez Corujo. Ningún dos dous compareceu á reunión.

    O mesmo secretario de Estado, Borja Suárez, que o día 16 de maio de 2023 plasmou a súa firma no gran Acordo polo que se establecen as condicións iniciais para a implantación dun plan estratéxico de recursos humanos na Administración da Seguridade Social, ademais de asuntos de vital importancia como a Axencia, a provisión de postos, o traballo non presencial, as produtividades, a formación, a estabilidade no emprego, a oferta de emprego público e a promoción interna. 

    Pasado máis dun ano desde a firma do citado Acordo, vólvese á mesma casa de saída, sen ter interlocución nin negociación. Reunións mantidas con escaso esforzo negociador, persoais con enormes cargas de traballo e novamente con repercusión no servizo de calidade que a Seguridade Social debe prestar á cidadanía.

    Durante todo este tempo, o secretario de Estado dedicouse a dar longas á representación do persoal.

    A Seguridade Social necesita unha reorganización para ser o servizo público que merece a cidadanía. Tras lembrar á Administración que ten que cumprir a legalidade vixente, desde a Constitución Española ata o Regulamento da Mesa Delegada, así como os acordos vixentes asinados por eles mesmos, CSIF, CCOO, CIG e ELA en unión sindical víronse forzados a anunciar mobilizacións en todo o territorio nacional no ámbito da Seguridade Social (concentracións nos centros de traballo, paros parciais ou folga).

    Son medidas non desexadas, pero que esperan sirvan para sacar da súa inactividade ao secretario de Estado da Seguridade Social, pois o interese último de CSIF, CCOO, CIG e ELA, é o cumprimento do Acordo que permita reorganizar e fortalecer á Seguridade Social.

    As Leis e os Acordos son para cumprilos.