Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 8 Setembro 2024.

O Sindicato Nacional de CCOO e a Fundación 10 de Marzo homenaxearán o 14 de setembro a Xan María Castro

    O Sindicato Nacional de CCOO e a Fundación 10 de Marzo homenaxearán a Xan María Castro o vindeiro 14 de setembro. Este sindicalista, falecido a finais do 2023, foi un dos fundadores da organización, do cal que chegou a ser secretario xeral entre os anos 2000 e 2009, e tamén presidente da súa Fundación desde o 2013 ata o seu pasamento.

    04/09/2024.
    CCOO e a F10M homenaxearán en Setembro a Xan María Castro

    CCOO e a F10M homenaxearán en Setembro a Xan María Castro

    Con este acto, CCOO e a F10M queren tributarlle un «merecido recoñecemento ao compañeiro Xan María», a quen definden como unha persoa «xenerosa, fondamente comprometida na loita polas liberdades de que hoxe gozamos e en defensa da clase traballadora».

    Tanto o sindicato como a fundación agradecen a colaboración de medios de comunicación, entidades e persoas a título particular que farán posible este acto, que terá lugar a partir das 11 horas no edificio Cersia, en Santiago de Compostela.