Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Decembro 2024.

O persoal das ambulancias mobilízase para esixir os seus dereitos

    Os sindicatos CCOO, UGT, USO e CIG convocan mobilizacións no sector das ambulancias para esixiren o cumprimento dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

    09/07/2024.
    Ambulancias que prestan servizo para o 061 | Foto: Google Street View

    Ambulancias que prestan servizo para o 061 | Foto: Google Street View

    Segundo explican, o atraso nas licitacións provoca que o persoal non poida cobrar unha paga á que ten dereito, pois está recollida no convenio colectivo.

    O compromiso da Xunta de Galicia era licitar os contratos en outubro do ano pasado, pero non o fixo ata o primeiro trimestre do 2024. Ademais, o mes pasado publicáronse cinco contratos do transporte non urxente que quedaron desertos pola escasa dotación económica.

    Por todo isto, os sindicatos esixen que se cumpran os compromisos do convenio e se liciten xa os contratos, advertindo que han estar axeitadamente dotados para evitar que volvan ficar desertos.

    Como medida de presión, convocan unha concentración o mércores, 10 de xullo, ás 11:30 horas, diante do edificio administrativo do Sergas (San Lázaro, Santiago de Compostela).