Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Outubro 2024.

CCOO organiza o vindeiro 1 de xullo unha xornada de sensibilización LGTBI+

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia organiza o vindeiro 1 de xullo unha xornada de sensibilización LGTBI+ co título «Realidade cotiá fronte a dereitos formais». O obxectivo é reflexionar sobre os dereitos que teñen formalmente recoñecidos as persoas LGTBI+, que en moitas ocasións non os poden exercer con plena liberdade porque persisten condutas discriminatorias.

    25/06/2024.
    CCOO organiza unha xornada de sensibilización LGTBI+

    CCOO organiza unha xornada de sensibilización LGTBI+

    Presentará a xornada Mamen Sabio, secretaria de Mulleres, Igualdade e Políticas LGTBI+ do sindicato, e participará como relator convidado o catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social José Manuel Morales Ortega. Este especialista, que imparte docencia na Universidade de Málaga, falará sobre os conceptos de discriminación, inclusión e diversidade na normativa laboral española.

    A continuación, Rebeca Pérez Pico, técnica do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia, presentará o borrador da «Enquisa sobre a visión da comunidade LGTBI+: postos de traballo e acceso ao emprego». Esta ferramenta pretende ser a base para desenvolver os pasos que se han seguir no ámbito da negociación colectiva para que os dereitos das persoas LGTBI+ sexan reais.

    Pechará a xornada a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez.