Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

CCOO quere coñecer «de primeira man» o proxecto de Wofco para Fandicosta

    CCOO quere coñecer «de primeira man» o proxecto de Wofco para Fandicosta. Así o expresou o sindicato comarcal de Industria de Vigo tras confirmarlle a Xunta de Galicia a compra desta última empresa por parte de Wofco.

    18/06/2024.
    Planta de Fandicosta en Vigo | Foto: Fandicosta

    Planta de Fandicosta en Vigo | Foto: Fandicosta

    CCOO agradeceu o esforzo de todas as partes —Administración, comprador, vendedor— e, de xeito especial, o realizado polas persoas traballadoras, que «conseguiron superar o preconcurso» e que a venda conclúa «con éxito».

    Neste proceso, as traballadoras e traballadores de Fandicosta cumpriron «en todo momento» cos pedidos da clientela e mantiveron «o nivel de compromiso e calidade», subliña CCOO.

    Agora, o sindicato quere ter unha reunión coa propiedade para coñecer de preto os proxectos presentes e de futuros que Wofco ten para esta nova etapa.