Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 8 Setembro 2024.

O Congreso Extraordinario da U. C. da Mariña elixe a José Antonio Zan Vega como secretario xeral

    Vinte delegados e delegadas votaron no Congreso Extraordinario da Unión Comarcal da Mariña, que se celebrou o pasado venres en Viveiro.

    15/06/2024.
    Secretaria Xeral e Executiva da mariña

    Secretaria Xeral e Executiva da mariña

    O Congreso extraordinario foi convocado pola Comisión Xestora tras a dimisión da secretaria xeral e outras persoas da Executiva elixida no seu 8.º Congreso o 16 de abril do 2021. Estaba composta por nove persoas, incluída a secretaria xeral (catro mulleres e cinco homes).

    A Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia, ante a situación, aprobou o día 19 de decembro de 2023 a composición da Comisión Xestora para facerse cargo da actividade da Unión Comarcal da Mariña e da organización do Congreso Extraordinario, nomeando para isto a Xesús Castro Baamonde (presidente) e Aurora Arnau Fraga e Jacqueline López Pena (vogais).

    O Congreso Extraordinario da Unión Comarcal rexeuse polas normas congresuais do 12.º Congreso. Votaron vinte delegados e delegadas as candidaturas únicas para a secretaría xeral —José Antonio Zan Vega— e a executiva da U. C. formada por: Senén Díaz Guerreiro, Dulce María López Gasalla, Francisco Javier Fernández Guerreiro, Telma Canoura Regal, Óscar García Sánchez e María José Piñon Bellos.