Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Outubro 2024.

CCOO non está negociando un aumento das horas extraordinarias

    CCOO nega que se estea a negociar un incremento das horas extras, nin no ámbito bipartito nin no tripartito.

    13/06/2024.
    horas extras

    horas extras

    O obxectivo do sindicato é reducir a xornada para mellorar a vida das persoas traballadoras e crear emprego. Polo tanto, non se está a negociar un incremento das horas extras, nin coa CEOE nin co Goberno.

    En España, o problema é o control da xornada e das horas extras. O número de horas extraordinarias realizadas supera con moito os máximos legais fixados e millóns delas non se pagan nin se gozan.

    CCOO propón un rexistro rigoroso para un control efectivo da xornada e das horas extraordinarias realizadas, que permita á Inspección de Traballo actuar contra as empresas que incumpran a norma. A redución do tempo de traballo é un obxectivo necesario para mellorar a vida das persoas traballadoras e para crear emprego.