Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 8 Setembro 2024.

CCOO participou o 13 e o 14 de marzo na 17.ª edición de Previsel

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participou os pasados 13 e 14 de marzo na 17.ª edición de Previsel, o salón sectorial da seguridade e a saúde no traballo. O evento tivo lugar no recinto feiral de Expourense e acolleu máis de 2600 persoas, das cales 500 foron estudantes de secundaria e FP de centros da Coruña e Ourense.

    18/03/2024.
    Posto de CCOO en Previsel

    Posto de CCOO en Previsel

    En Previsel participaron unha trintena de entidades e organizacións, entre as que se atopan representantes da Administración, asociacións empresariais, sindicatos, colexios profesionais, empresas especializadas e servizos de intervención e emerxencias, todas elas comprometidas en fomentar a prevención de riscos laborais.

    CCOO participou cun posto en que se deu asesoramento anto a persoas como a colectivos que amosaron interese no sindicato. Asemade, impartiuse a xornada formativa «Desde o primeiro día: a seguridade é o priemiro». Estivo dirixida principalmente a estudantes que axiña se incorporarán ao mundo laboral e que necesitan obter uns coñecementos básicos para que esa inclusión no mundo do traballo implique o menor risco posible para a súa saúde.

    A acollida desta xornada organizada por CCOO «tivo notable aceptación, o cal nos dá motivos para participar na 18.ª edición, a celebrar no ano 2025», indica Armando Iglesias, secretario de Saúde Laboral.