Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Decembro 2024.

Programa de respiro familiar para persoas coidadoras

    O último número do CCOO Informa resume as características, requisitos e prazo de presentación para optar ás axudas do programa de respiro familiar para persoas coidadoras.

    19/04/2024.
    Persoa dependente | Foto: Pixabay

    Persoa dependente | Foto: Pixabay

    Este programa consiste en axudas económicas destinadas a persoas coidadoras para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Ten tres modalidades:

    respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social;

    respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia;

    respiro en residencia, para financiar o gasto nas estadías temporais en centros residenciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Poden solicitar a axuda as persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará o 20 de abril de 2024 e finalizará o 21 de outubro de 2024.

    Toda a información sobre os requisitos pódese consultar no documento anexo.