Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

Bloqueo no convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra

    ССОО convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra o 2 de abril, ás 19.30 horas na rúa Teixugueiras n.º 11, Navia (Vigo). 

    30/03/2024.

    URL | Código para insertar

    O 19 de marzo celebrouse a última reunión da mesa negociadora do convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra. Unha vez máis, a patronal veu dicir que a súa liña vermella é a eliminación da antigüidade e que non se podería avanzar na negociación mentres a parte social non estea disposta a eliminala.

    Desde CCOO fomos moi claros desde ou inicio da negociación do convenio:

    A ANTIGÜIDADE NON SE TOCA!

    Existen moitos puntos deste convenio que deberían abordarse, polo que a decisión da patronal de non avanzar na negociación é incomprensible. Algúns esquecen que este convenio leva desde o ano 2012 coas táboas salariais conxeladas e pendente de actualizarse en materia de permisos, igualdade, contratación e demais novidades lexislativas que no convenio quedaron obsoletas.

    CCOO anunciámoslle na mesa que iniciaremos mobilizacións progresivas no sector para esixir un convenio colectivo á altura dos cadros de persoal e que non estamos dispostos a que admitir discriminación de salarios en comparación con outros convenios do sector de Oficinas e Despachos existentes en Galicia.

    ASEMBLEA

    ССОО convoca unha asemblea de traballadores e traballadoras de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra.

    «Pola recuperación salarial e a mellora das condicións laborais»