Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

Xornadas de sensibilización sobre os nesgos inconscientes de xénero

    O Gabinete de Igualdade de CCOO organiza este mes varias xornadas de sensibilización sobre os nesgos inconscientes de xénero. Terán lugar nos locais de CCOO na Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo.

    05/03/2024.
    CCOO traballa acotío pola igualdade

    CCOO traballa acotío pola igualdade

    Os obradoirso forman parte dunha campaña interna para visibilizar as dificultades que carrexan os nesgos inconscientes de xénero para alcanzar unha verdadeira igualdade entre mulleres e homes no mercado laboral galego e, por extensión, na sociedade. Preténdese unha maior concienciación das persoas que compoñen esta organización feminista.

    Para iso, un dos obxectivos principais é describir o funcionamento dos nesgos culturais desiguais, que interveñen día a día no traballo e na vida e que, cando non se frean ou eliminan, contribúen irremediablemente a compoñer as fendas de xénero que afrontan as mulleres nas relacións persoais, sociais e laborais; esas fendas que este sindicato comprometeuse desde hai anos a erradicar.

    O Gabinete de Igualdade expoñerá a posición do sindicato, achegando descricións de conceptos e explicacións sobre a estrutura social desigual en que asentan as fendas de xénero, así como mencionando as ferramentas para combatela.

    Datas de realización

    — A Coruña: 6 de marzo

    — Lugo: 7 de marzo

    — Santiago de Compostela: 14 de marzo

    — Vigo: 15 de marzo

    No documento anexo xúntase o programa/estrutura dos obradoiros, dirixidos tanto ao interno do sindicato como ás pesoas afiliadas e novas delegadas e delegados.

    Documentación asociada
    Documentación asociada