Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Decembro 2024.

Alcoa retoma a produción de aluminio primario en Galicia

    O comité de empresa de Alcoa San Cibrao, presidido por CCOO, informa de que o mércores se retomou a produción de aluminio primario tras dous anos de parálise.

    15/02/2024.
    Fotografía de arquivo dunha das mobilizacións do persoal de Alcoa-San Cibrao en setembro de 2020

    Fotografía de arquivo dunha das mobilizacións do persoal de Alcoa-San Cibrao en setembro de 2020

    Tras o rearranque progresivo das cubas de electrólise —proceso que comezou o pasado mes de xaneiro—, actualmente hai sete en funcionamento. Delas saíron, na tarde do mércores, as primeiras catro toneladas de aluminio líquido.

    O presidente do comité, José Antonio Zan (CCOO), salientou a «competitividade» de San Cibrao tanto en aluminio como en alumina. «Somos capaces de facer o que non dan feitro no Brasil», apuntou o sindicalista, en referencia ao apoio estratéxico de Alcoa ás súas plantas brasileiras.

    Malia a boa noticia da volta á produción de aluminio primario despois de tanto tempo, o sindicalista denuncia que na planta de alumina hai un recorte de persoal «que fai que traballe menos xente ca nunha folga». De feito, hai escasas tres semanas Alcoa ameazaba con despedimentos nesa factoría se non se chegaba a un acordo para desvincularse dos compromisos asinados.