Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Decembro 2024.

Gran participación na folga da limpeza nas provincias de Pontevedra e Ourense

    O sector da limpeza das provincias de Pontevedra e Ourense amosou o mércores a súa unidade e secundou de xeito masivo a xornada de folga convocada. Así mesmo, houbo unha gran participación nas manifestacións convocadas en Vigo (unha pola mañá e outra pola tarde) e na capital ourensá.

    11/01/2024.
    Manifestación en Vigo durante a xornada de folga do sector da limpeza (10/1/2024)

    Manifestación en Vigo durante a xornada de folga do sector da limpeza (10/1/2024)

    Desde CCOO do Hábitat lembran que o sector da limpeza está maioritariamente feminizado e pexado pola precariedade, pois oito de cada dez contratos son a tempo parcial. Por esta razón, unha das principais demandas é «dignificar as condicións de traballo dun colectivo cualificado como 'esencial' nos momentos máis duros da pandemia e que non deberiamos esquecer agora que a gripe A está a ocupar os titulares», subliña o sindicato.

    Desde CCOO instan as patronais a dialogar para dar unha «resposta satisfactoria ás xustas demandas» do persoal, que tamén se está a mobilizar polos seus dereitos nas provincias de Lugo e da Coruña.