Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2025.

A asemblea de Benteler-Vigo rexeita os recortes no convenio

    O comité de empresa de Benteler en Vigo, liderado desde hai uns meses por CCOO, convocou unha asemblea de persoal para tratar os recortes no convenio formulados pola dirección co obxectivo, supostamente, de poder gañar proxectos para os próximos anos.

    07/06/2023.
    Instalacións de Benteler-Vigo

    Instalacións de Benteler-Vigo

    Segundo o comité, os ditos recortes só afectarían ao persoal de produción e implicarían unha importante perda para este colectivo, mentres que a cúpula da factoría estaría extenta de calquera minoración económica. Ademais disto, a empresa non achegou ningunha garantía de que se puidesen gañar proxectos grazas a estes axustes.

    Con esta votación, o comité de empresa xa lle trasladou á dirección de Benteler Vigo que se debe respectar o convenio ata a finalización da súa vixencia —decembro do 2024— e que será daquela, con datos reais, cando se deba analizar a situación da empresa.

    Por último, CCOO lamenta que o sindicato UGT, malia estar convidado á asemblea, declinase participar nela.