Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Novembro 2024.

O espírito do 72 e a forza do presente

Conversas para a loita obreira

    02/10/2022.

    URL | Código para insertar

    Producida por Metropolis.Coop, con dirección de Miguel Riaño e guión de Ángel Holgado, Conversas para a Loita Obreira. O espírito do 72 e a forza do presente mostra a través de entrevistas duais a que foi a maior folga da historia de Galicia. Durante dúas semanas, máis de trinta mil traballadores e traballadoras da comarca de Vigo tiveron en xaque o franquismo e situaron Galicia á vangarda da loita contra a ditadura.

    As Comisións Obreiras de Galicia veñen mostrando que, cincuenta anos despois, os valores que presidiron os feitos acontecidos no ano 1972 seguen plenamente vixentes. As manifestacións de Vigo en setembro do 72 marcaron a memoria da loita obreira en Galicia e no resto do Estado, non só polo legado sindical que deixaron, senón tamén porque inspiraron e guiaron a varias xeracións de sindicalistas. Construíron os piares sólidos sobre os que asenta a nosa organización, protagonista indiscutible no tránsito da nosa sociedade da ditadura cara á democracia e unha referencia para a clase traballadora galega.

    Os principios e ideas que se defenderon no loita obreira do ano 1972 están moi vivas nas Comisións Obreiras da actualidade.