Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

II Programa Xuventude Mentoring

    Convocada a segunda edición do Programa Xuventude Mentoring. Trátase dun programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas co que se busca facer de nexo de unión entre o mundo académico e o mundo laboral.

    06/09/2022.
    Xuventude Mentoring

    Xuventude Mentoring

    O obxectivo do programa é mellorar as habilidades e competencias dos participantes para a busca de emprego, e para iso levaranse a cabo accións formativas, actividades de networking e contarase cunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

    O programa o desenvolvemos desde a Xunta de Galicia en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

    Nesta edición convócanse 250 prazas para as persoas mozas, con estudos de grao ou de formación profesional. Requisitos:

    — Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.

    — Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa

    — Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

    O prazo de solicitudes remata o 14 de setembro. Máis información na web do programa: https://www.xuventudementoring.gal