Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

Asinado convenio comercio alimentación A Coruña.

    CCOO, e o resto da representación sindical asinaron o acordo de convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia da Coruña, con aumento salarial e redución de xornada.

    20/07/2022.
    (*) Se leva 3 anos no nivel 1 pasa ao 2. Se leva 3 anos no nivel 2 pasa ao 3. Se leva 3 anos no nivel 3 pasa ao 4

    (*) Se leva 3 anos no nivel 1 pasa ao 2. Se leva 3 anos no nivel 2 pasa ao 3. Se leva 3 anos no nivel 3 pasa ao 4

    O pasado dezanove de xullo asinouse o convenio colectivo de comercio alimentación da provincia de A Coruña, cuyos puntos máis importantes son os seguintes:

    • Convenio a 4 anos: 2022-2025.
    • Eliminamos o grupo IV, cun grupo III con 4 niveis e promoción automática.
    • Redución da xornada laboral, pasando de 1812 a 1792 horas anuais, mediante a aplicación de 3 sábados libres, un cada cuadrimestre, excepto o mes de decembro.
    • Xornada continua, con compromiso e garantía dunha mínima de xornada continua para o 70% do persoal a tempo completo por tenda.
    • Cláusula de desconexión dixital, para evitar as continuas chamadas de teléfono ou WhatsApp ao saír do centro de traballo.
    • Cláusula de transición dixital, para regular a posible afectación nos postos de traballo da dixitalización e a venda online.
    • Mesa de contratación, para adaptar a Reforma Laboral á contratación existente na empresa.
    • Actualización da lexislación en materia de Xestación.
    • Cláusula de rexistro de valores, para garantir a igualdade de salarios e complementos.Licenzas retribuidas.
    • Mellora no suposto de hospitalización: a licenza poderase iniciar durante calquera dos días que dure a hospitalización, sempre que se comunique coa debida antelación, pódese utilizar de forma fraccionada. Todas as licenzas empezarán o primeiro día laborable tras o feito causante.
    • Incremento Salarial: 2022: 5%, 2023: 4% 2024: 3% 2025: 3%
    • Revisión salarial a IPC Real con tope de: 2022: 2,5%. 2023: 2%, 2024: 1%, 2025 - 1%