Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO de Galicia amosa o apoio aos traballadores e traballadoras do CHUAC na defensa da sanidade pública

    Milleiros de persoas, delegados e delegadas do sector da sanidade e organizacións sindicais, manifestáronse este xoves na Coruña para denunciar a «situación insostible» no CHUAC. 

    21/01/2022.
    Manifestación na Coruña defensa da Sanidade

    Manifestación na Coruña defensa da Sanidade

    O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras considera un «éxito rotundo» e «unha chamada de atención» á Xunta de Galicia a manifestación da Coruña convocada pola comisión de centro do CHUAC. Unha multitudinaria manifestación que ateigou as rúas da cidade.

    A comisión de centro do CHUAC e os traballadores e traballadoras do hospital coruñés sairon á rúa para reivindicar máis persoal e menos recortes. Á sobrecarga de traballoque están a padecer os profesionais engádeselle a falta de cobertura do persoal e o déficit na dotación dos cadros de persoal que non teñen o dimensionamento axeitado para dar resposta á actual demanda asistencial.

    Co lema "Sen Persoal non hai Sanidade", a manifestación percorreo as rúas da cidade,  sumándose aos traballadoresunha grande parte da cidadanía.

    Por esta razón, a secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, esixe ao presidente Feijóo «que tome en serio a sanidade pública de Galicia». «A Xunta recorta ano tras ano o investimento en sanidade, e moito dese investimento acaba, pola mala xestión, en concertos cos centros privados ou en servizos privatizados», indicou a secretaria xeral.

    A manifestación estivo apoiada pola comisión de centro de Atención Primaria e tamén pola Plataformas SOS Sanidade Pública e distintas plataformas veciñais.