Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO do Hábitat de Galicia revalida a súa hexemonía sindical no SAF de Ferrol

    CCOO do Hábitat liderará a defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores durante catro anos máis en Clece, contrata do servizo de axuda no fogar (SAF) do Concello de Ferrol. Isto é posible grazas aos 77 votos logrados nas eleccións sindicais, o 60% dos totais.

    18/10/2021.
    Nas eleccións sindicais é o momento de apoiar as candidaturas de CCOO

    Nas eleccións sindicais é o momento de apoiar as candidaturas de CCOO

    Con este resultado, CCOO do Hábitat transmítelles os seus parabéns ás delegadas polo bo traballo realizado, así como aos compañeiros e compañeiras que arrouparon a candidatura e unha vez máis depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.

    Cabe dicir que este proceso electoral concentrou as traballadoras e traballadores que anteriormente estaban en tres centros de traballo diferentes: preto dun cento de People Plus, 40 de Eulen e 40 de Clece.

    Este contexto reforza aínda máis as felicitacións de CCOO ás súas delegadas, pois a candidatura foi capaz de convertese no gran referente de colectivos de diferencia procedencia que conforman o SAF ferrolán.