Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2025.

ACTUALIDADE DE EMPREGO, FORMACIÓN E POLÍTICA SOCIAL. SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA

    Boletín de actualidade sobre emprego, formación e política social elaborado pola secretaría de Emprego.

    02/10/2021.
    Boletín emprego, Formación e Política social

    Boletín emprego, Formación e Política social

    NORMATIVA PUBLICADA

    • DOG núm. 185, venres, 24 de setembro de 2021 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE Orde do 10 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR341R). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210924/AnuncioG0599-140921-0001_gl.pdf
    • DOG núm. 187, martes, 28 de setembro de 2021 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE Orde do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22 (código de procedemento ED421A). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210928/AnuncioG0598-170921-0001_gl.pdf
    • DOG núm. 190, venres, 1 de outubro de 2021 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE Orde do 30 de setembro de 2021 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de solicitude de prórroga de expedientes relativos a procedementos de regulación de emprego vinculados á COVID-19 vixentes na data do 30 de setembro de 2021 (código de procedemento TR820H). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211001/AnuncioG0599-300921-0001_gl.pdf
    • BOE núm. 233, mércores, 29 de setembro de 2021 XEFATURA DO ESTADO Lei 12/2021, de 28 de setembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, para garantir os dereitos laborais das persoas dedicadas ao reparto no ámbito de plataformas dixitais. https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/29/pdfs/BOE-A-2021-15767.pdf
    • XEFATURA DO ESTADO Real Decreto-lei 18/2021, de 28 de setembro, de medidas urxentes para a protección do emprego, a recuperación económica e a mellora do mercado de traballo. https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/29/pdfs/BOE-A-2021-15768.pdf
    • MINISTERIO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL Real Decreto 817/2021, de 28 de setembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2021. https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/29/pdfs/BOE-A-2021-15770.pdf