Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Decembro 2024.

Clamor na Mariña contra o peche de Vestas

  • Multitudinaria concentración en defensa dos 115 postos de traballo na empresa e contra os centos que Alcoa pretende tamén destruír

Viveiro acolleu este sábado unha multitudinaria concentración en defensa do futuro industrial na Mariña que se converteu nun clamor contra as multinacionais Vestas (que pretende pechar a súa fábrica de Viveiro) e Alcoa (pola parálise nas negociacións para a venda da planta de San Cibrao).

25/09/2021.
Concentración en defensa do emprego en Vestas e na comarca da Mariña (25/9/2021)

Concentración en defensa do emprego en Vestas e na comarca da Mariña (25/9/2021)

Máis de 2500 persoas ateigaron a praza Maior de Viveiro para rexeitar que Vestas dea cabo da súa produción en Galicia, nunha fábrica que CCOO entende como «rendible», pero tamén «necesaria» para a expansión da enerxía eólica.

O anuncio de peche colleu por sorpresa os traballadores e as traballadoras, que non agardaban unha medida deste tipo, pero tamén a unha comarca moi castigada.

Á concentración tamén se sumaron traballadoras e traballadores de Alcoa, cuxo futuro depende tamén das decisións dunha multinacional. Precisamente, o próximo luns, día 27, retomarán a folga na fábrica ante a parálise nas negociacións para a venda.