Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Formación do Gabinete de Igualdade de CCOO para os meses de outubro e novembro

    O Gabinete de Igualdade de CCOO organizará entre outubro e novembro tres xornadas formativas sobre plans de igualdade, de catro horas de duración cada unha, e varios obradoiros.

    24/09/2021.
    Gabinete de Igualdade de CCOO

    Gabinete de Igualdade de CCOO

    A primeira xornada será en Vigo o vindeiro venres, 8 de outubro. Será unha introdución aos plans de igualdade para novas delegadas e delegados sindicais de CCOO. Xa no mes de novembro haberá dúas xornadas de sensibilización, unha para cadros sindicais e outra para persoas delegadas, ambas as dúas en Santiago de Compostela (informarase proximamente da data destas dúas sesións).

    Canto aos obradoiros, terán lugar por toda Galicia cos seguintes contidos e nas seguintes datas:

    — Elaboración dun diagnóstico do plan de igualdade da empresa:Vigo (1 de outubro), A Coruña (7), Pontevedra (8), Lugo (13), Santiago de Compostela (14) e Ourense (15)

    — Valoración de postos de traballo; rexistro e auditoría retributiva:Pontevedra (11 de outubro), Vigo (13), Lugo (18), A Coruña (19), Santiago de Compsotela (20) e Ourense (25)

    — Violencia de xénero e acoso sexual e por razón de sexo:A Coruña (26 de outubro), Vigo (27); Lugo, Ourense e Santiago de Compostela (novembro, pendente de concretar)

    — Proxección e negociación de medidas de igualdade laboral; seguimento e avaliación dun plan de igualdade:Lugo (26 de outubro), Santiago de Compostela (28); Vigo, A Coruña e Ourense (novembro, pendente de concretar)