Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

O naval de Vigo bótase á rúa para esixir solucións

    Centos de traballadores e traballadoras do sector naval da provincia de Pontevedra sumáronse á convocatoria de folga de CCOO para esixir solucións ante a grave situación actual.

    22/07/2021.
    Folga no sector naval da provincia de Pontevedra. Piquetes en Vigo (22/7/2021)

    Folga no sector naval da provincia de Pontevedra. Piquetes en Vigo (22/7/2021)

    A decisión de convocar folga adoptouse despois de varias asembleas convocadas polos comités das principais empresas do naval e das industrias auxiliares. Para CCOO, esta folga era «ferramenta necesaria para defendermos un obxectivo común: salvar os miles de postos de traballo que corren un risco enorme de desaparecer».

    Se as Administracións non se implican na procura dunha solución, «non descartamos endurecer as medidas en setembro», apuntan desde CCOO.