Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Comezan os paros parciais para defender os dereitos laborais en Teleperformance

    As traballadoras e traballadores de Teleperformance, empresa do sector de centros de chamadas con sede na Coruña, comezou este luns paros parciais en defensa dos seus dereitos laborais. Deste xeito, endurecen as protestas que comezaron hai tres semanas.

    28/06/2021.
    Concentración diante das instalacións de Teleperformance, na Coruña (30/6/2021)

    Concentración diante das instalacións de Teleperformance, na Coruña (30/6/2021)

    Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT, CIG e CGT denuncian continuos problemas no cómputo do rexistro da xornada —que se traducen en descontos nas nóminas—, a formación insuficiente e sen apoio, a implantación dunha ferramenta única para a comunicación coa empresa —e que presenta deficiencias—, a falta de información á representación legal do persoal ou a negativa de Teleperformance a compensar de maneira xusta os gastos do teletraballo durante a pandemia.