Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

CCOO esixe a apertura dunha investigación «áxil e rigorosa» do naufraxio que provocou o falecemento de dous mariñeiros

  • Os falecidos, tripulantes do cerqueiro 'Sempre Güeto', perderon a vida a unhas dúas millas de Santo André de Teixido

Comisións Obreiras (CCOO) traslada as súas condolencias ás familias dos dous mariñeiros que perderon a vida no naufraxio do cerqueiro Sempre Güeto, que naufragou o mércores a preto de dúas millas da costa de Santo André de Teixido. A organización sindical esixe a apertura dunha investigación «áxil e rigorosa» que permita esclarecer as causas desta traxedia.

18/06/2021.
Porto de Portosín, onde tiña base o 'Sempre Güeto'

Porto de Portosín, onde tiña base o 'Sempre Güeto'

O sector do Mar de CCOO de Galicia denuncia que son xa «demasiadas» as mortes accidentais que se están a producir no mar, sen que as investigacións oficiais sirvan para reducir a súa incidencia nin para que se apliquen «melloras substanciais» nas condicións de traballo. «As mortes son noticia nos medios de comunicación no propio día, pero pasan ao esquecemento con notable rapidez e, finalmente, convértense nun apuntamento estatístico máis», lamenta o sindicato.

CCOO, unha vez máis, esíxelles ás autoridades políticas, xudiciais e empresariais que a investigación destas mortes sexa «áxil, profesional e concluínte», de xeito que se poidan mellorar ou reforzar os protocolos para evitar así novas traxedias.