Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

Galicia amosa a súa repulsa ante os últimos asasinatos machistas

    Diversas localidades galegas acolleron este venres concentracións de repulsa polos últimos asasinatos machistas rexistrados no Estado.

    11/06/2021.

    URL | Código para insertar

    A Secretaría da Muller de CCOO denuncia que, logo dun «maio negro» en violencia machista, cos asasinatos de seis mulleres e un menor en todo o Estado, «enfrontámonos a un panorama que este mes de xuño ofrece unha peor cara, se isto é posible», con tres asasinatos confirmados en vinte e catro horas.

    «Son cifras que nos avergoñan como sociedade», advirte o sindicato. Segundo datos oficiais, 1095 mulleres foron asasinadas desde 2003; 17 no que levamos de ano. Igualmente, 37 menores foron asasinados como violencia vicaria —a exercida por maltratadores contra os fillos e fillas para causar dano á parella ou ex parella—; tres este ano. 

    «É imposible non arrepiarse ante estas vidas truncadas. Pero é imposible, tamén, non conmoverse de maneira especial cando as vítimas son menores», lamenta a Secretaría da Muller de CCOO.