Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Novo complemento das pensións contributivas para a redución da fenda de xénero

    O Consello de Ministros aprobou esta semana o Real decreto lei 3/2021, do 2 de febreiro —xa publicado no BOE—, polo que se adoptan medidas para reducir a fenda de xénero e outras materias nos ámbitos da Seguridade Social e económico. O texto legal recolle unha nova regulación para o complemento das pensións contributivas co obxectivo de reducir a fenda de xénero.

    04/02/2021.
    Fotografía de arquivo dunha manifestación do movemento feminista | Foto: C. S. de CCOO

    Fotografía de arquivo dunha manifestación do movemento feminista | Foto: C. S. de CCOO

    CCOO coida positivo o novo complemento, que foi amplamente debatido no seo do diálogo social, onde se recolleron en boa medida as achegas deste sindicato, aínda que non todas.

    O novo complemento nace da reforma a que obrigaba o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que declarou contrario á normativa comunitaria de igualdade o antigo complemento de maternidade —aprobado en solitario polo PP no 2015.

    A nova figura é un paso relevante na dirección axeitada, xa que é a primeira norma legal que expresamente pretende combater os efectos da fenda de xénero.

    Malia a valoración positiva, CCOO advirte que o novo complemento é susceptible de mellora e perfeccionamento, tanto na súa extensión e contía, como nas características de acceso a el.