Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

Medidas aprobadas para traballadoras e traballadores autónomos

    No documento anexo a esta nota informativa resúmense as medidas aprobadas polo Goberno central e pola Xunta de Galicia para as traballadoras e traballadores autónomos.

    15/04/2020.
    Medidas aprobadas polos Gobernos central e galego

    Medidas aprobadas polos Gobernos central e galego

    Medidas do Goberno central

    ? Ampliación dos prazos para presentar os pagamentos de declaracións de impostos

    ? Aprazamento débedas tributarias durante seis meses

    ? Prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os afectados pola declaración do estado de alarma

    ? Liña de avais, outorgados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital

    ? Inclusión como colectivos vulnerables dos autónomos que reduzan substancialmente os seus ingresos á hora de poder solicitar a moratoria de débedas hipotecarias, de créditos sen garantía hipotecaria e do alugamento

    ? Dereito a percepción do bono social eléctrico por parte de traballadores autónomos que cesaran a súa actividade ouviran reducida a súa facturación polo menos un 75 %

    ? Moratoria de seis meses sen xuro das cotizacións sociais á Seguridade Social

    ? Aprazamento a un xuro de 0,5 % no pagamento de débedas coa Seguridade Social de autónomos/as cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño de 2020

    ? Flexibilización dos contratos de subministración de electricidade e gas natural dos autónomos

    ? Suspensión de facturas de electricidade, gas natural e produtos derivados do petróleo que correspondan a períodos de facturación que conteñan días integrados no estado de alarma

    ? Aprazamento extraordinario do calendario de reembolso en préstamos concedidos por comunidades autónomas e entidades locais

    Medidas da Xunta de Galicia

    ? Préstamos avalados para apoiar as pemes e autónomos no contexto do actual brote de COVID-19 (2020) 
     

    Máis información sobre estas axudas nos documentos anexos.