Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

Guía de prestacións por desemprego

    A Secretaría de Emprego e Previsión Social de CCOO de Galicia recompilou nunha guía toda a información sobre as prestacións por desemprego, un documento de interese para todas as persoas traballadoras, sexa cal for o seu réxime da seguridade social ou modelo de contrato.

    29/04/2019.
    Un documento de interese para todas as persoas traballadoras

    Un documento de interese para todas as persoas traballadoras


    Esta guía, que se pode descargar na páxina web do sindicato, informa dos requisitos para acceder á protección por desemprego, a documentación que se debe achegar, as situacións especiais (como o desemprego parcial, o persoal fixo-descontinuo, etc.) e as diferenzas entre prestacións contributivas e subsidio por desemprego.

    Por último, inclúe como anexo información sobre o programa de renda activa de inserción (RAI), o subsidio extraordinario por desemprego (SED) e a prestación por desemprego de actividade (aplicable só ás traballadoras e traballadores autónomos).