Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2025.

O convenio único e o plan estratéxico de Navantia despexan o futuro dos estaleiros públicos

    Os sindicatos CCOO-Industria e UGT-FICA asinaron a acta final da negociación do convenio único de Navantia. Nos vindeiros días, os traballadores e as traballadoras e a propia Administración decidirán se dan o visto e prace. Isto, xunto coa presentación do plan estratéxico 2019-2020, permiten despexar o futuro dos estaleiros públicos.

    05/12/2018.
    Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

    Fotografía de arquivo dunha protesta do persoal de Navantia durante a botadura dun barco

    Incremento salarialAs táboas salariais increméntanse un 1% para os anos 2016 e 2017, aboándose os correspondentes atrasos. Para o ano 2018, o incremento será do 1,5% con efectos desde o pasado 1 de xaneiro, e dun 0,25% adicional con efectos desde o 1 de xullo e, en todo caso, un 0,20% ligado á produtividade.Para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021, o incremento será o estipulado nos orzamentos xerais, máis un 0,8% como cláusula de fidelización.AsimilaciónsQueda garantida a asimilación ?ascensos automáticos cada oito anos que había na antiga Bazán? para as saídas anticipadas que tivesen ese dereito. Ademais, establécese unha dotación anual do 0,7% da masa salarial para garantir as promocións. Acórdase que polo menos o 10% do persoal terá garantida a promoción anual, e así no 2019 produciranse as correspondentes aos anos 2018 e 2019.Complemento de xubilaciónGarántese para as persoas ás que xa lles correspondía, tendo en conta que se transforma o vitalicio en capitalización e que o tope se cuantifica en 120.000 euros (revisables).Rexuvenecemento do persoalPara rexuvenecer o cadro de persoal, páctanse saídas anticipadas após os 61 anos, durante a duración do plan estratéxico. Canto ás condicións de saída, aplicaranse as do expediente de regulación do 2005. O 75% das saídas anticipadas serán cubertas con entradas indefinidas; as restantes, como temporais, en función da evolución do plan.Plan estratéxicoO plan estratéxico de Navantia recolle carga de traballo baseada na carteira de pedidos confirmada e nas oportunidades comerciais en que o grupo ten opción ata o de agora. Tamén prevé o desenvolvemento dun plan de investimentos para mellorar a eficiencia, a dixitalización e o mantemento das instalacións. Ademais, inclúe a definición dun nova concepción laboral que alcanza o desenvolvemento dun plan de formación, tanto para o persoal que permanece como para as entradas.

    Novas relacionadas

    CCOO empraza a Navantia e á SEPI para tratar «urxentemente» o plan estratéxico

    Anular o contrato de cinco corvetas provocará un auténtico drama en Navantia

    O convenio único e o plan estratéxico de Navantia despexan o futuro dos estaleiros públicos

    CCOO volve gañar as eleccións sindicais en Navantia

    CCOO esixe a modernización de Navantia-Ferrol para non pór en perigo a viabilidade do estaleiro

    Mobilizacións en Navantia polo incumprimento do convenio

    Peche sindical nas oficinas de Navantia

    Unha caravana de vehículos pide máis carga de traballo para Navantia

    Os comités de Navantia reuniranse o mércores en Madrid cos grupos parlamentarios

    Os deputados galegos en Madrid comprométense a tentar conseguir carga de traballo para Navantia

    CCOO esixe que presida Navantia alguén do sector e de «solvencia contrastada»

    O comité de Navantia reuniuse coa subdelegada do Goberno na Coruña

    Navantia queda sen carga de traballo tras zarpar o último buque construído

    Mobilización conxunta en Ferrol do persoal de Navantia e das auxiliares de Endesa

    «Xa tocamos fondo, é o momento de engalar», reclama o persoal de Navantia

    Os comités de Navantia trasládanlle ao conselleiro de Economía e Industria as necesidades dos estaleiros públicos

    O pleno de Ferrol aproba por unanimidade reclamar a construción do dique seco cuberto para Navantia

    Os comités de navantia elevan ao congreso a urxencia do dique seco na ría de Ferrol

    Navantia aforra máis de trinta millóns ao demorar a convocatoria de emprego, denuncia CCOO