Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2025.

Áurea Vázquez é reelixida secretaria xeral de CCOO de Ferrol

  • As candidaturas á Secretaría Xeral e á Comisión Executiva recibiron un apoio superior ao 90%, sen que en ningún caso se rexistrasen votos contrarios

O Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Ferrol reelixiu a Áurea Vázquez Estraviz como secretaria xeral para os próximos catro anos. A súa candidatura, única que se presentaba, recibiu o 92,1 % dos apoios (non se rexistraron votos en contra).

27/03/2017.
Áurea Vázquez (segunda pola esquerda), foi reelixida como secretaria xeral comarcal

Áurea Vázquez (segunda pola esquerda), foi reelixida como secretaria xeral comarcal

Canda ela formarán parte da nova Comisión Executiva Alberto Mera Torrente, Esperanza Diez Ferrera e María Teresa Bello Cazón. A elección deste órgano tamén contou cun amplo apoio, concretamente do 90,79% dos sufraxios emitidos, sen que tampouco neste caso se rexistrasen votos en contra.