Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2025.

Tema: Alcoa

Membros da Comisión Executiva Nacional de CCOO e da Unión Comarcal de CCOO da Mariña cunha pancarta en defensa do emprego na comarca

  • O sindicato amosa as súas cautelas ante o anuncio realizado pola multinacional do aluminio

A Federación de Industria de CCOO amosa as súas cautelas ante o anuncio de Alcoa de que non pretende vender a planta de San Cibrao e que ten intención de retomar a produción no 2024.

Na fotografía, xornada de folga en Alcoa no mes de setembro de 2021

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (CCOO) insta o Goberno de España a intervir a planta para que a multinacional estadounidense «abandone este país xa».

A Mariña manifestouse este domingo na rúa para esixir «futuro». Convocadas pola Plataforma polo Futuro da Mariña e os sindicatos CCOO, CIG e UGT, milleiros de persoas esixiron máis investimentos e a conservación dos postos de traballo.

Folga indefinida en Alcoa-San Cibrao

'queremos trabajar y no emigrar', 'Madrid escucha, A Mariña está en lucha' y 'la solución una intervención'.

No centro, José Antonio Zan (CCOO), canda outros representantes do comité de empresa, explicando os detalles da última reunión coa multinacional americana

O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao solicitou unha reunión en que estean presentes a dirección da multinacional estadounidense, a Xunta de Galicia, o Goberno de España e os sindicatos para desbloquear a situación actual.

O persoal de Alcoa e as súas familias reivindican a venda da fábrica

Traballadoras e traballadores de Alcoa e as súas familias manifestáronse o luns en Cervo para reivindicar a venda da fábrica de aluminio.

Na fotografía, manifestación do persoal de Alcoa en Lugo (26/02/2020) | Foto: Arquivo CCOO

A marcha partirá ás 12 horas do edificio da Xunta e rematará diante da Subdelegación do Goberno.

Concentración na praza dos Campos de San Cibrao (21/6/2021)

«Abonda xa de que se rían de nós», clamou o presidente do comité de empresa da fábrica de aluminio, José Antonio Zan (CCOO).

No centro, José Antonio Zan (CCOO), denunciando a postura do Goberno de España

O comité de Alcoa esixe unha reunión «urxente» coa Xunta de Galicia e o Goberno de España, tras confirmar o Executivo central que a sociedade pública SEPI non comprará a factoría de San Cibrao para posteriormente pilotar a venda a unha terceira parte.

A veciñanza da Mariña e o persoal da fábrica de Alcoa-San Cibrao conmemoraron o domingo un ano de loita en defensa do emprego. Doce meses en que se pasou do inicio dos trámites dun ERE, que a Xustiza acabou tombando, ás negociacións para a venda que teñen lugar nestes momentos.

Concentración do persoal de Alu Ibérica esixindo un futuro industrial na planta da Coruña (20/5/2021)

O xoves, 20 de maio, comezou na Audiencia Nacional o xuízo contra Alcoa, Parter Capital e Grupo Riesgo. Os servizos xurídicos de CCOO defenderon a tese de que estas empresas «estafaron» o persoal.

No centro, José Antonio Zan (CCOO), presidente do comité de empresa de Alcoa-San Cibrao | Foto: Arquivo CCOO

O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao confirmou hoxe que recibiu un correo electrónico por parte da dirección da empresa no que se confirma que o Goberno español respondeu a última proposta realizada pola multinacional estadounidense.

José Antonio Zan (centro), tras a reunión da mesa multilateral

Así o decidiron os representantes dos traballadores e das traballadoras tras a reunión de hoxe da mesa multilateral.

Protesta de traballadores e traballadoras de Alcoa-San Cibrao diante da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela (1-7-2020)

Alcoa comunicoulle hoxe ao comité de empresa de San Cibrao o comezo das negociacións coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para a venda da planta de aluminio da Mariña.

Manifestación do persoal de Alu Ibérica na Coruña, o sábado 9 de xaneiro de 2021

O sindicato pide que a Xustiza tome nota da «mala fe» das empresas denunciadas e insta o Goberno de España a «tomar cartas no asunto».

Fotografía de arquivo dunha das mobilizacións do persoal de Alcoa-San Cibrao en setembro de 2020

Apoio maioritario ao acordo a que o comité de empresa chegara hai uns días coa dirección da multinacional.

Fotografía de arquivo dunha das mobilizacións do persoal de Alcoa-San Cibrao en setembro de 2020

A proposta será sometida a referendo dos traballadores e traballadoras, que poderán votar entre o martes e o venres desta mesma semana.

No centro, José Antonio Zan (CCOO), presidente do comité de Alcoa-San Cibrao

  • O comité de empresa ofrece «paz social» durante sete semanas para favorecer as negociacións

Traballadores e traballadoras de Alcoa saíron aos exteriores da fábrica para celebrar a sentenza

  • Ramón Sarmiento: «hoxe é un gran día para a clase traballadora galega»

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia asumiu as teses defendidas polos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG fronte ao despedimento colectivo presentado pola multinacional estadounidense.

Mentres A Coruña acollía o xuízo sobre o ERE, o persoal manifestouse diante da fábrica en San Cibrao

  • O sindicato cualificou o período de consultas de «pantomima» porque a multinacional tiña tomada con antelación a decisión de pechar a fábrica de aluminio

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu o xoves un longo xuízo sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) mediante o cal Alcoa pretende despedir a medio milleiro de traballadores e traballadoras da planta de aluminio de San Cibrao (Cervo), na Mariña. Durante as case dez horas que durou, a avogada de CCOO defendeu a existencia de «mala fe» negociadora por parte da multinacional, polo que pediu a nulidade do despedimento colectivo.

Un momento da concentración ás portas de Alu Ibérica, na tarde do xoves

  • Os representantes do persoal instan o Grupo Riesgo a «amosar as facturas» dos investimentos que afirma que acometeron na planta coruñesa

Os traballadores de Alu Ibérica volvéronse concentrar o xoves ás portas da empresa. Desde o comité de empresa esíxenlle a Alcoa a reversión da venda debido aos incumprimentos, especialmente pola falta dun proxecto industrial. Así mesmo, a representación legal do persoal insta o Grupo Riesgo a «amosar as facturas» dos investimentos que afirma que realizou na planta coruñesa.

Un momento da conferencia de prensa de hoxe

  • José Antonio Zan (CCOO) coida «vergoñento» que, pasado máis dun mes, non se reúna a prometida mesa multilateral

O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao deu esta mañá unha conferencia de prensa para anunciar que os representantes dos traballadores e das traballadoras están dispostos a reducir a presión e «aliviar» as perdas para a compañía se a multinacional senta a negociar a venda. «Nós estamos comprometidos e é preciso que Alcoa tamén se comprometa coa sociedade e cunha solución a esta problemática», sentenciou o presidente do comité, José Antonio Zan (CCOO).

Na imaxe, un momento da vista, o pasado 28 de outubro

  • CCOO esixe a intervención pública da empresa e insta a multinacional estadounidense a vender
  • A decisión do alto tribunal galego practicamente fai inviables os despedimentos proxectados por Alcoa

Nun longo auto de 69 páxinas, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desoe as peticións de Alcoa e determina que as cubas de electrólise non poden parar. Este foi o elemento central da vista que tivo lugar hai xusto unha semana; mentres a multinacional estadounidense defendía o apagamento, os sindicatos e a Avogacía do Estado esixían que continuasen acesas.

Intervención de José Antonio Zan (CCOO) na vista que tivo lugar no TSXG | Foto: TSXG

Tras unha longa audiencia de máis de oito horas no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), quedou vista para sentenza a estimación ou denegación das medidas cautelares para o ERE de Alcoa en San Cibrao. Os servizos xurídicos de CCOO e dos outros sindicatos do comité de empresa, xunto coa Avogacía do Estado, defenderon paralizar os despedimentos e evitar o apagamento das cubas de electrólise, xa que o proceso faría inviable a posible volta á actividade da planta, ben porque se anule o ERE, ben porque se poida completar un proceso de venda. «Sería condenar o persoal a reintegrarse nunha fábrica inoperativa», exemplificaron os letrados.

Desde o comité e ASIME salientan a importancia estratéxica do sector do aluminio

  • O mércores pronunciarase o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a petición de medidas cautelares no ERE
  • O comité de empresa de Alcoa prepara unha campaña en colaboración co Banco de Alimentos da Mariña

O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao recibiu este luns unha delegación de ASIME, organización patronal que representa a máis de seiscentas industrias do metal. No encontro salientouse a imoprtancia estratéxica do sector do aluminio no tecido industrial galego. «Isto constata que a nosa fábrica é esencial e non se pode prescindir dela», explicou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (CCOO).

O persoal de Alcoa manifestouse en Lugo para esixir solucións

Lugo acolleu este sábado unha multitudinaria manifestación dos traballadores e traballadoras de Alcoa-San Cibrao na que esixiron unha solución para a continuidade da actividade industrial e do emprego, un futuro ameazado pola intención da multinacional estadounidense de despedir medio milleiro de empregados mediante un ERE. Precisamente, o mércores deberase pronunciar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre as medidas cautelares solicitadas polos sindicatos.

O sábado haberá unha manifestación en Lugo

  • O sábado, 24 de outubro, haberá unha manifestación en Lugo

O comité de empresa de Alcoa-San Cibrao presentou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) unha solicitude para que o expediente de regulación de emprego (ERE) sexa paralizado cautelarmente.

A manifestación rematou ás portas da fábrica de Alcoa

  • O comité de empresa esixe a intervención da fábrica de aluminio e impedir que paren as cubas

Milleiros de estudantes e familias da Mariña arrouparon este domingo o persoal de Alcoa-San Cibrao na súa loita pola continuidade dos postos de traballo. Con este obxectivo, manifestáronse pola estrada N-642 ata a entrada da factoría, onde reivindicaron unha solución que permita a continuidade da produción de aluminio e dos máis de cincocentos empregos directos ameazados pola multinacional estadounidense.

CCOO insta a Alcoa a facilitar a venda a un investidor que garanta o futuro da fábrica

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Ramón Sarmiento, e o secretario xeral de CCOO de Industria, Víctor Ledo, visitaron esta semana a sección sindical de Alcoa e reuníronse cos traballadores. «A situación actual non dá máis de si. Hai que pasar das declaracións ás accións e ás decisións, tanto por parte da Xunta de Galicia como da Administración central», instou Sarmiento.

Nazario Arias, xunto con compañeiros da antiga Alcoa-A Coruña

  • Voz destacada nas reivindicacións da fábrica de aluminios coruñesa nas últimas dúas décadas

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento aos 60 anos do compañeiro Nazario Arias Fuentes, presidente do comité de empresa de Alcoa-A Coruña, a actual Alu Ibérica, entre os anos 2011 e 2015. Comisións destaca o seu compromiso e a súa loita, que o converteron nunha voz destacada nas reivindicacións da fábrica de aluminios coruñesa nas últimas dúas décadas.

Protesta do persoal de Alcoa-San Cibrao o pasado mes de xullo

Após unha xuntanza en que participaron os sindicatos, Goberno de España, Xunta de Galicia e Alcoa, chegouse a un acordo para ampliar seis semanas o período de consultas, co obxectivo de facilitar a operación de compra-venda da factoría da Mariña.

Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO

  • O secretario xeral de CCOO apelou a enfocar o escenario actual como unha «oportunidade para afrontar cambios profundos, estruturais moitos deles»

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Ramón Sarmiento, concedeu o mércores unha entrevista a Radio Galicia-Cadena SER na que valorou a situación laboral e política actual. Segundo o dirixente sindical, «este verán non debera haber vacacións» no mundo político porque son numerosas as tarefas para acometer nos próximos meses.

Composición con varios momentos da mobilización

Centos de traballadores e traballadoras de Alcoa protestaron este mediodía diante da sede da Xunta de Galicia, no complexo administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela). Portando carteis co lema «Eu voto 'peche non!'», escenificaron a morte da comarca se non se lle pon remedio aos despedimentos anunciados pola multinacional do aluminio.

Manifestación do persoal de Alcoa en Viveiro o pasado 7 de xuño

O Consello Confederal de CCOO esixe mecanismos para evitar o peche das factorías de Alcoa en Galicia e Asturias e de Nissan en Cataluña. Así o recolle un anexo ao informe xeral debatido e aprobado o martes desta semana.

José Antonio Zan (centro) ao remate da xuntanza

  • A representación do persoal esixe a implicación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria para garantir a continuidade da actividade industrial e dos postos de traballo

O comité de Alcoa-San Cibrao reuniuse este xoves coa dirección da empresa para abordar a situación da factoría. A representación do persoal instou a retirar as medidas anunciadas pola multinacional do aluminio e agardar á xuntanza, o vindeiro martes, da mesa multilateral.

Un momento da manifestación  en Ribadeo

Milleiros de persoas maniféstanse este domingo en Ribadeo en defensa dos postos de traballo de Alcoa-San Cibrao e o futuro da Mariña, profundamente dependente de toda a actividade xerada ao redor da empresa, que ameaza con executar máis de cincocentos despedimentos na súa planta.

O secretario xeral de CCOO foi entrevistado pola Cadena SER

  • «Pelexaremos con todas as consecuencias polo futuro da Mariña», advirte o secretario xeral de CCOO

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, advirte de que o sindicato pelexará «con todas as consecuencias polo futuro da Mariña e de Alcoa». O dirixente sindical coida que é o momento de «tomar en serio, por unha vez, a intervención pública e contundente desta instalación industrial».

Un momento da conferencia de prensa

A Federación de Industria de CCOO de Galicia deu unha conferencia de prensa hoxe na Coruña para se pronunciar sobre a grave situación que padece o sector galego do aluminio. O secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, rexeitou os despedimentos anunciados en Alcoa-San Cibrao, ao tempo que advertiu ao Grupo Riesgo que non consentirá ameazas ao comité de empresa de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña.

Protesta desta mañá en Lugo

  • Unha representación sindical rexistrou na sede da Deputación Provincial un escrito coas alegacións ao estatuto das industrias electrointensivas

O persoal de Alcoa-San Cibrao manifestouse este mércores en Lugo para esixir «solucións». Ao redor de mil persoas trasladaron á capital da provincia as reivindicacións do sector do aluminio. Así mesmo, unha representación sindical rexistrou na sede da Deputación un escrito coas alegacións ao estatuto das industrias electrointensivas, co obxectivo de lograr un marco enerxético estable e competitivo.

Concentración do persoal de Alcoa o pasado decembro diante da Subdelegación do Goberno en Lugo

Este luns, o comité de empresa de Alcoa-San Cibrao reuniuse co presidente de Alcoa-España, Álvaro Dorado, quen informou das previsións da empresa para o ano 2020. O directivo comunicoulles que os resultados da poxa eléctrica sitúan a planta da Mariña nunha situación máis complicada ca o ano pasado e unhas perdas superiores aos oitenta millóns de euros.

CCOO reivindica un marco enerxético estable

Medio milleiro de persoas participaron o sábado en Lugo nunha protesta en apoio ao persoal de Alcoa-San Cibrao, que reclamaba garantías para o emprego na factoría e un marco enerxético estable. Ao remate da concentración, diante da Subdelegación do Goberno, recibiron a noticia de que o Executivo estatal convoca unha mesa de seguimento sobre a situación, que terá lugar o 15 de xaneiro na capital da provincia.

José Antonio Zan, responsable da sección sindical de CCOO en Alcoa-San Cibrao

A candidatura de CCOO en Alcoa-San Cibrao, encabezada por José Antonio Zan, foi a máis votada nas eleccións sindicais que tiveron lugar na factoría, após recibir 351 votos, 16 máis que a CIG, que ata o momento presidía o comité.

Un momento da concentración

  • Traballadores e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade

Comisións Obreiras (CCOO) arroupou hoxe en Ferrol os traballadores denunciados após a protesta do persoal de Alcoa en Madrid o pasado 28 de marzo. Ao abeiro da lei mordaza, foron denunciadas varias compañeiras e compañeiros que aquel día participaron na concentración que tiña lugar diante do Congreso dos Deputados. Traballadores (entre eles, dirixentes sindicais) e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade.

O Sindicato Nacional de CCOO arroupou o persoal de Alcoa-San Cibrao

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia apoia o persoal de Alcoa-San Cibrao e esixe un debate «rigoroso» sobre o sector electrointensivo. Así o afirmou este venres o secretario xeral, Ramón Sarmiento, quen participou na manifestación convocada polo persoal da factoría mariñá.

Cartel anunciando as concentracións

  • Haberá concentracións cadrando coas comparecencias nos xulgados, os días 24 de setembro na Coruña e o 8 de outubro en Ferrol

Ao abeiro da lei mordaza, foron denunciadas varias compañeiras e compañeiros que o pasado 28 de marzo apoiaron en Madrid a concentración do persoal de Alcoa diante do Congreso dos Deputados. Traballadores, sindicalistas e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade.

Os comités de empresa chaman á mobilización en defensa da industria en Galicia

  • Manifestacións o próximo venres, día 26 de abril

O próximo venres, 26 de abril, terán lugar dúas importantes manifestación en defensa da industria en Galicia, convocadas polos comités de empresa de Alcoa (A Coruña) e Ence (Pontevedra).