Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Abril 2025.

Tema: SOS Ferrolterra

Casa consistorial de Ferrol | Foto: Google S. View

  • «Estamos no tempo de desconto e o goberno de Ángel Mato leva meses sen mover ficha, cunha absoluta pasividade mentres se destrúen empregos», lamentan

O tecido sindical e empresarial de Ferrolterra pediulle por escrito ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a súa intermediación na crise económica e industrial da comarca. O obxectivo é poder fixar «á maior brevidade» xuntanzas coas ministras de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, e de Industria, Reyes Maroto.

Manifestación na vila das Pontes para esixir solucións tras o peche da térmica de Endesa (30/6/2021)

A multitudinaria manifestación foi convocada por Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG.

Mobilización este mércores nas Pontes

  • Os sindicatos fan un chamamento á mobilización masiva que «obrigue a Endesa a negociar o mantemento do emprego e unha proposta industrial»

As Pontes será o epicentro este mércores, 30 de xuño, dunha nova mobilización polo emprego e o futuro da comarca de Ferrol. A vila esixe unha transición enerxética xusta. 

Mobilización en Ferrol para esixir solucións para a comarca (27/6/2021)

Centos de persoas cortaron o domingo ao mediodía a ponte das Pías para esixir solucións para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, nunha convocatoria conxunta dos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG.

Os traballadores cortaron varios minutos a estrada que dá acceso á térmica

O persoal das auxiliares realizou este mediodía unha acción reivindicativa para lle esixir á eléctrica que cumpra co compromiso de mantemento do emprego.

Un momento da manifestación que tivo lugar durante a folga da comarca de Ferrol (10/3/2021)

  • A mobilización comezará ás 11:30 na ponte das Pías. Partirán marchas desde San Valentín e desde a antiga estación de servizo do Montón, na entrada da ponte

Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG denuncian a falta de resposta das Administracións ante os «graves problemas» que padece esta parte do territorio galego.

Protesta do persoal de Navantia ante a falta de carga de traballo nos estaleiros da ría de Ferrol (16/6/2021)

As traballadoras e traballadores dos estaleiros da ría de Ferrol esixen carga de traballo para o próximo ano, pois ata o verán do 2022 non comezará a construción das novas fragatas.

Pancarta reivindicando investimentos en Navantia e futuro na comarca de Ferrol (27/5/2021)

Nesta mostra de unidade reclamaron solucións para a crise industrial da comarca de Ferrol, e escolleron como escenarios o porto ferrolán e a autovía Ferrol-As Pontes.

O Ministerio comproulle o buque 'Galicia' á navieira Suardíaz | Foto: Grupo Suardíaz

O comité de empresa de Navantia e a representación sindical da industria auxiliar solicítanlle ao Ministerio de Defensa que as obras de transformación do buque Galicia se fagan na ría de Ferrol.

Na imaxe, manifestación o 10 de marzo de 2021 en Ferrol

CCOO, UGT e CIG convocan para o 14 de abril unha nova xornada reivindicativa para esixir solucións que eviten o declive demográfico, económico e industrial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Cabeceira da manifestación de Ferrol

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG cualifican de «éxito» a xornada de folga xeral en Ferrol e a súa comarca, cuxo acto central foi unha manifestación que percorreu este mediodía as principais rúas da cidade departamental. Os polígonos industriais amenceron pechados, o porto e almacéns loxísticos pararon e o transporte funcionou só cos servizos mínimos, os cales acumularon tamén grandes atrasos.

De esquerda a dereita, Santiago Díaz, Yolanda Quintiá, Ramón Sarmiento e Xan María Castro, na presentación dos actos do Día da Clase Obreira Galega

  • Ramón Sarmiento: «Temos riba da mesa o peor rostro do proceso de desmantelamento das capacidades dunha comarca»
  • Manifestación en Ferrol ás 12:00, desde o polígono da Gándara ata o monumento ao Dez de Marzo

CCOO, UGT e CIG convocan unitariamente folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal o próximo 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, xustifica a medida ante a «situación de excepcional gravidade», especialmente no ámbito industrial.

Concentración en Navantia Ferrol

Delegadas e delegados sindicais dos estaleiros de Navantia en Fene e Ferrol, así como das industrias auxiliares, reuníronse o mércores en Madrid con representantes galegos dos diferentes grupos parlamentarios.

Caravana de vehículos entre Ferrol e A Coruña para pedir carga de traballo en Navantia (4-2-2021)

Ao redor dunha vintena de delegados sindicais dos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol protagonizaron o xoves unha caravana automobilística desde a cidade departamental ata A Coruña, onde os presidentes dos comités de empresa se reuniron co delegado do Goberno, Javier Losada.

Protesta do persoal de Siemens Gamesa fronte á delegación da Xunta de Galicia en Ferrol (14/1/2021)

A nova data coincide co Día da Clase Obreira Galega, unha data emblemática para as traballadoras e traballadores do país.

Cadea humana entre Ferrol e Narón

Ante a situación de «emerxencia social e económica», os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG convocan unha folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para o vindeiro 25 de febreiro.

Cadea humana entre Ferrol e Narón

  • Formouse unha cadea humana que uniu a cidade departamental coa vila veciña de Narón

Os sindicatos coidan que, se non se toman medidas «axiña», a situación será «irreversible».

  • Ramón Sarmiento reivindica na Cámara autonómica o dique cuberto para que a construción naval ferrolá se desenvolva en «condicións óptimas» de eficiencia

Comisións Obreiras (CCOO) denunciou o xoves no Parlamento de Galicia o «maltrato» que representa para o país o «abandono industrial» que padece a comarca de Ferrol, exemplificado na situación no peche das centrais térmicas de Meirama (Cerceda) e das Pontes. Na súa intervención ante a comisión especial para a reconstrución económica, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, chamou a reflexionar sobre se «nos imos limitar a "consumir" a transición ecolóxica» ou, pola contra, se aposta en actividades perdurables que xeren emprego.

Cartel anunciador da manifestación

  • Partirá ás 20 horas da praza de España de Ferrol

CCOO, UGT e CIG convocan conxuntamente unha manifestación para a vindeira semana, o 28 de novembro, pola reindustrialización das comarca de Ferrol, Eume e Ortegal. Os sindicatos toman a iniciativa ante os peches xa coñecidos de diferentes industrias, así como as ameazas que axexan a outros sectores. A marcha partirá ás 20 horas da praza de España de Ferrol.