Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Abril 2025.

Tema: Alu Ibérica

O comité de empresa de Alu Ibérica esixe a intervención pública da factoría

  • Para CCOO, a situación actual é «extremadamente grave»

Segundo lle explicou o administrador xudicial ao comité, a decisión procura protexter o patrimonio da empresa ante posibles embargos.

Concentración convocada polo comité de empresa de Alu Ibérica (16/9/2021)

Os traballadores e traballadoras de Alu Ibérica volvéronse mobilizar o xoves na Coruña para esixir a implicación das Administracións na procura dunha solución á «dramática» situación da planta de aluminios coruñesa. O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho (CCOO), advertiu diante da Delegación do Goberno que «sen a planta activa, morremos».

Concentración dos traballadores de Alu Ibérica (9/9/2021)

  • Ramón Juega constata a falta de liquidez da empresa tras o pagamento da nómina de agosto

A empresa carece de liquidez nas contas que foron revisadas, polo que se estudará un ERTE que lle permita ao persoal asegurar ingresos.

Concentración do persoal de Alu Ibérica diante da Delegación do Goberno en Galicia (2/9/2021)

Un xoves máis, os traballadores e traballadoras da fábrica de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña, volveron ás rúas para denunciar a situación «crítica» que atravesa a factoría, neste caso cunha concentración diante da Delegación do Goberno. Á intervención xudicial, falta de proxecto industrial e ausencia de actividade súmase agora a falta de pagamento a provedores e a ameaza do corte do subministro eléctrico.

Concentración do persoal de Alu Ibérica na Coruña (3/6/2021)

  • A sala do Social da Audiencia Nacional condenou o pasado 15 de xuño a Alcoa a indemnizar e recolocar o persoal das plantas da Coruña e Avilés

A decisión xudicial obriga a multinacional estadounidense a cumprir as condicións pactadas o 15 de xaneiro de 2019, que considera plenamente vixentes.

Concentración do persoal de Alu Ibérica diante da Delegación do Goberno en Galicia (17/6/2021)

Dous días despois da sentenza da Audiencia Nacional que condena a Alcoa, esixiron que o Goberno de España interveña a planta, actualmente baixo contro xudicial.

Concentración dos comités de Alu Ibérica da Coruña e Avilés diante do Ministerio de Industria (15-4-2021)

  • Concentración o xoves, 17 de xuño, diante da Delegación do Goberno na Coruña

Segundo CCOO-Industria, «confírmase explicitamente o incumprimento de todo o relativo a un proceso de reindustrialización e venda a un comprador serio, solvente e rigoroso que se fixese cargo das plantas».

Concentración do persoal de Alu Ibérica esixindo un futuro industrial na planta da Coruña (20/5/2021)

O xoves, 20 de maio, comezou na Audiencia Nacional o xuízo contra Alcoa, Parter Capital e Grupo Riesgo. Os servizos xurídicos de CCOO defenderon a tese de que estas empresas «estafaron» o persoal.

Concentración do persoal de Alu Ibérica (29/4/2021)

  • Denuncia a «mala fe» de Alcoa no proceso de venda

O Xulgado Central de Instrución n.º 3 da Audiencia Nacional decidiu intervir xudicialmente a plantas plantas de Alu Ibérica na Coruña e na localidade asturiana de Avilés (Alu Ibérica LC e Alu Ibérica AVL), así como outras catro sociedades.

Concentración dos comités de Alu Ibérica da Coruña e Avilés diante do Ministerio de Industria (15-4-2021)

Este xoves, os comités de empresa de Alu Ibérica na Coruña e Avilés, xunta unha ampla representación sindical, concentráronse diante do Ministerio de Industria, en Madrid.

Remate da manifestación do persoal de Alu Ibérica na Coruña o pasado 9 de xaneiro

  • O xoves haberá unha concentración diante do Ministerio de Industria, en Madrid

Mañá mércores, o comité de empresa de Alu Ibérica reunirase, a partir das 16 horas, cos voceiros dos grupos parlamentarios do PP, BNG e PSOE da comisión de industria do Parlamento de Galicia.

A actividade en Alu Ibérica volve estar paralizada por falta de aluminio para reciclar

  • Pide a entrada en vigor das medidas cautelares solicitadas á Audiencia Nacional

A mesma situación xa se dera semanas atrás, xusto despois do rexistro da fábrica coruñesa por parte da UDEF.

URL | Código para inserir

Manifestación unitaria na Coruña contra a represión sindical en Alu Ibérica

27/03/2021

CCOO, UGT e CIG mobilizáronse contra a «violencia empresarial» de Alu Ibérica e por un futuro industrial para a antiga Alcoa-A Coruña

Ramón Sarmiento (centro), acompañado polos secretarios xerais de UGT e CIG

Os secretarios xerais de Comisións Obreiras, UGT e CIG fixeron hoxe un chamamento a participar na manifestación convocada para o sábado, 27 de marzo, contra a represión practicada pola dirección de Alu Ibérica.

Manifestación unitaria na Coruña o día 27 de marzo

  • Manifestación o sábado, 27 de marzo, con saída ás 12:00 da Delegación do Goberno na Coruña

A sucesión de despedimentos desde o mes de decembro na Sociedade Alu Ibérica, LC SL (antiga Alcoa A Coruña) acredita un paso adiante na espiral de violencia empresarial que busca o desmantelamento da factoría coruñesa.

Rexistro da UDEF en Alu Ibérica o 4 de marzo de 2021

  • A Inspección de Traballo emitiu unha nova acta sancionadora contra a empresa

Xa parara desde o pasado xoves, cando a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) rexistraba a fábrica.

Intervención do secretario xeral de CCOO no programa 'Bos Días' da TVG (3-3-2021)

  • O secretario xeral de CCOO foi entrevistado no programa 'Bos Días' da Televisión de Galicia

A folga comarcal de Ferrol, a situación dos ERTE, a reforma laboral, a sentenza contra Alu Ibérica ou a xestión dos fondos europeos centraron a conversa coa televisión pública galega.

Concentración do persoal de Alu Ibérica para esixir a readmisión dos despedidos (1-3-2021)

A sentenza declara probado a empresa «lesionou o dereito fundamental á liberdade sindical na súa vertente do dereito de folga».

Concentración na Coruña contra a represión sindical en Alu Ibérica (26-2-2021)

  • Os secretarios xerais de CCOO, UGT e CIG apoiaron os traballadores despedidos pola antiga Alcoa-A Coruña
  • Haberá unha gran mobilización na Coruña o vindeiro 27 de marzo

O acto reivindicativo cadrou co comezo do xuízo, na Coruña, pola posible vulneración de dereitos sindicais durante a folga que tivo lugar entre decembro e xaneiro.

O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho (CCOO), a carón da subdelegada do Goberno na Coruña

  • Entregáronlle a López-Riobóo unha carta dirixida á ministra de Industria e explicáronlle a situación da factoría

A protesta, na que só participaron membros do comité, tivo lugar o día en que debía comezar na Audiencia Nacional o xuízo pola venda da fábrica, finalmente adiado ao 20 de maio.

Manifestación do persoal de Alu Ibérica na Coruña, o sábado 9 de xaneiro de 2021

O sindicato pide que a Xustiza tome nota da «mala fe» das empresas denunciadas e insta o Goberno de España a «tomar cartas no asunto».

Manifestación do persoal de Alu Ibérica na Coruña, o sábado 9 de xaneiro de 2021

O comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña decidiu suspender a folga e as mobilizacións mentres duren as restricións sanitarias, isto é, ata o vindeiro 17 de febreiro. Así o decidiron os sindicatos CCOO, UGT e CIG logo da mediación auspiciada pola Xunta de Galicia, que rematou sen acordo.

O comité de empresa de Alu Ibérica esixe a intervención pública da factoría

Os traballadores e traballadoras de Alu Ibérica, na Coruña, chegan este martes ás 32 xornadas de folga indefinida. Esixen a readmisión da compañeira despedida e a intervención pública da factoría ante os incumprimentos no proceso de venda.

Manifestación dos traballadores e traballadoras de Alu Ibérica (16/1/2021)

  • Insisten, tamén, na intervención pública da empresa mentres a Audiencia Nacional non dite sentenza

Este sábado, 16 de xaneiro, cumpríronse 22 días de folga indefinida na planta de Alu Ibérica na Coruña. Após tres semanas de protestas, os traballadores e traballadoras percorreron varias rúas da cidade para pedir «xustiza».

Continúa a folga en Alu Ibérica (A Coruña)

  • O comité denuncia que a empresa segue sen pagar os salarios de decembro
  • A través da entidade bancaria encargada, o comité coñeceu hoxe que tampouco se fixeron as achegas ao plan de pensións dos meses de novembro e decembro

Remate da manifestación do persoal de Alu Ibérica na Coruña o pasado 9 de xaneiro

  • O comité de empresa esixe a readmisión da compañeira despedida
  • Este luns é a décimo sétima xornada de folga

Un momento da concentración

  • Mentres Alcoa «mira para outro lado», o Grupo Riesgo non executou aínda ningún plan industrial, ao tempo que incumpre pactos laborais e salariais
  • O vindeiro 4 de febreiro, a Audiencia Nacional acollerá en Madrid o xuízo de conflito colectivo no que os sindicatos demandan conxuntamente a Alcoa, Parter e Riesgo

Traballadores de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña, concentráronse o xoves á tarde diante do palacio municipal, na praza de María Pita, para reiterar a esixencia de que a fábrica sexa intervida polos poderes públicos. Persisten nesta reivindicación malia que xa hai data fixada para o xuízo contra a estadounidense Alcoa, o fondo suízo Parter e o Grupo Riesgo polos incumprimentos no proceso de venda.

Un momento da concentración ás portas de Alu Ibérica, na tarde do xoves

  • Os representantes do persoal instan o Grupo Riesgo a «amosar as facturas» dos investimentos que afirma que acometeron na planta coruñesa

Os traballadores de Alu Ibérica volvéronse concentrar o xoves ás portas da empresa. Desde o comité de empresa esíxenlle a Alcoa a reversión da venda debido aos incumprimentos, especialmente pola falta dun proxecto industrial. Así mesmo, a representación legal do persoal insta o Grupo Riesgo a «amosar as facturas» dos investimentos que afirma que realizou na planta coruñesa.

Un momento da concentración fronte á fábrica de Alu Ibérica, este xoves

Os traballadores de Alu Ibérica non se renden e volveron saír á rúa o xoves para denunciar os incumprimentos do grupo industrial Riesgo, que actualmente controla a fábrica coruñesa que no seu día pertenceu a Alcoa.

Na imaxe, protesta do persoal de Alu Ibérica a pasada semana

  • Este feito, «moi grave», xa se puxo en coñecemento da autoridade laboral

O comité de Alu Ibérica denuncia que, a día de hoxe, a empresa non lle aboou a nómina de outubro «a unha parte importante» do persoal, malia que o pagamento debía ser efectivo o pasado día 28, hai case unha semana. Segundo os representantes dos traballadores e das traballadoras, o impagamento «parece premeditado», xa que afecta á maior parte do persoal que se atopa de baixa médica e, en menor número, a outros empregados. Segundo o comité, trátase dun feito «moi grave» e xa posto en coñecemento da autoridade laboral.

Concentración fronte á sede central da Xunta

Como cada xoves, o comité de empresa de Alu Ibérica volveuse mobilizar para denunciar os incumprimentos no proceso de venda da antiga Alcoa-A Coruña, que nun primeiro momento pasou ao fondo suízo Parter e, posteriormente, ao Grupo Riesgo. Nesta ocasión, estenderon as súas reivindicacións á capital de Galicia, cunha concentración fronte á sede principal da Xunta. Xa pola tarde tivo lugar unha nova manifestación ás portas da factoría coruñesa.

Un momento da protesta de hoxe

O persoal de Alu Ibérica volveuse mobilizar o xoves contra os incuprimentos da empresa e a represión sindical. Ademais, o comité xa lle remitiu á Fiscalía un escrito coa intención de que o ministerio público presente unha demanda polos incumprimentos e irregularidades cometidos no proceso de venda. A factoría, propiedade da estadounidense Alcoa, foi vendida ao fondo suízo Parter e, posteriormente, ao Grupo Riesgo.

Un momento da concentración de hoxe

  • O persoal insiste en reclamar que o Estado interveña a fábrica

O persoal de Alu Ibérica volveuse mobilizar esta tarde na Coruña para rexeitar a «persecución sindical» por parte da actual dirección e para denunciar, tamén, os incumprimentos do Grupo Riesgo. Neste sentido, o comité de empresa avanzou que está a preparar unha denuncia na Fiscalía sobre o proceso de venda de Alcoa a Parter e, posteriormente, do grupo suízo a Riesgo.

Un momento da concentración

  • Ao remate da protesta doaron unha tonelada de comida ao banco de alimentos

O persoal de Alu Ibérica continúa a denunciar os incumprimentos do Grupo Riesgo, actual propietario da antiga Alcoa-A Coruña, e protagonizou unha nova concentración ás portas da factoría coruñesa.

CCOO rexeita a persecución contra os sindicatos e esixe a intervención da factoría

  • O sindicato participou hoxe nunha mobilización contra a represión sindical por parte do Grupo Riesgo

Comisións Obreiras (CCOO) esixe a intervención pública de Alu Ibérica como mellor xeito de garantir o futuro da fábrica de aluminio da Coruña. O sindicato denuncia as «irregularidades» e os «incumprimentos» que se produciron desde que Alcoa lle vendeu a factoría ao grupo suízo Parter, que á súa vez lle revendeu a maioría das participacións ao Grupo Riesgo.

Un momento da concentración de hoxe

  • O comité de empresa repróchalle á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Industria que non fixesen un axeitado control do proceso que tutelaron, e esixe a súa implicación

O persoal de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña, volveu saír hoxe á rúa para denunciar os incumprimentos do Grupo Riesgo, que actualmente xestiona a factoría. Desde o comité de empresa esixen a implicación da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria, que xunto co Goberno asturiano tutelaron o proceso de venda das factorías de Alcoa da Coruña e de Avilés.

Un momento do peche na casa do Concello da Coruña

O comité de empresa de Alu Ibérica conseguiu que o Ministerio de Industria convoque dúas reunións por videoconferencia para abordar o futuro da fábrica coruñesa. A presión sindical, que incluíu un peche durante boa parte da xornada do mércores no pazo de María Pita, conseguiu ese compromiso por parte do secretario xeral de Industria, Raúl Blanco.

Un momento da conferencia de prensa

A Federación de Industria de CCOO de Galicia deu unha conferencia de prensa hoxe na Coruña para se pronunciar sobre a grave situación que padece o sector galego do aluminio. O secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, rexeitou os despedimentos anunciados en Alcoa-San Cibrao, ao tempo que advertiu ao Grupo Riesgo que non consentirá ameazas ao comité de empresa de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña.

Remate da caravana de vehículos na Coruña

  • Caravana de vehículos polo futuro da antiga factoría de Alcoa-A Coruña
  • A representación legal do persoal esixe que se executen os investimentos comprometidos no proceso de venda a Parter
  • O comité de empresa denunciou a pasada semana na Inspección de Traballo a situación da planta, vendida por Parter ao Grupo Riesgo

Unha caravana de vehículos percorreu este xoves varias rúas da Coruña en defensa do futuro de Alu Ibérica. Esta singular marchar realizou cinco veces o traxecto entre a factoría de aluminio primario e a Delegación do Goberno. Precisamente, o comité de empresa, presidido por CCOO, esixiulle ao Executivo central que nomee un xestor para asegurar a viabilidade da factoría.

Manifestación do persoal de Alcoa preto da sede da Xunta de Galicia, en xaneiro de 2019

  • A representación legal do persoal denuncia na Inspección de Traballo a falta de información sobre a venda ao Grupo Riesgo

A sección sindical de CCOO e o comité de empresa de Alu Ibérica LC (antiga Alcoa-A Coruña) cualifican de «gravidade extraordinaria» a situación da factoría coruñesa desde o pasado 15 de abril. Nesa data coñeceuse «de xeito sorpresivo» que o grupo Parter lle vendera case o 75 % das factorías da Coruña e a asturiana de Avilés ao Grupo Industrial Riesgo.

Intervención de Víctor Ledo ás portas dos xulgados coruñeses

Ao redor de medio cento de traballadoras e traballadores acudiron hoxe aos xulgados da Coruña, na rúa Monforte, para apoiar a Diego, traballador de Alu Ibérica LC (antiga Alcoa-A Coruña) imputado polas protestas do ano pasado en Madrid. Na concentración estiveron, entre outros, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, o secretario xeral da Federación de Industria, Víctor Ledo, o secretario xeral da Unión Comarcal da Coruña, Cristóbal González, e o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho.

Un momento da concentración

  • Traballadores e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade

Comisións Obreiras (CCOO) arroupou hoxe en Ferrol os traballadores denunciados após a protesta do persoal de Alcoa en Madrid o pasado 28 de marzo. Ao abeiro da lei mordaza, foron denunciadas varias compañeiras e compañeiros que aquel día participaron na concentración que tiña lugar diante do Congreso dos Deputados. Traballadores (entre eles, dirixentes sindicais) e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade.

Cartel anunciando as concentracións

  • Haberá concentracións cadrando coas comparecencias nos xulgados, os días 24 de setembro na Coruña e o 8 de outubro en Ferrol

Ao abeiro da lei mordaza, foron denunciadas varias compañeiras e compañeiros que o pasado 28 de marzo apoiaron en Madrid a concentración do persoal de Alcoa diante do Congreso dos Deputados. Traballadores, sindicalistas e cargos públicos recibiron as citacións xudiciais por un suposto delito de «atentado» contra a autoridade.

Manifestación o pasado mes de xuño contra o peche de Alcoa-A Coruña

O comité de empresa de Alcoa na Coruña informa de que o xoves, 3 de xullo, chegouse a un acordo para ampliar ata o 31 de xullo o prazo de venda das factorías da cidade herculina e da localidade asturiana de Avilés, co mantemento das condicións laborais actuais ata ese día. Ese prazo será o mesmo que teña o grupo suízo Parter para presentar as garantías financeiras que acordou coa multinacional estadounidense.