Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Novembro 2024.

Xuventude

Documentos

19/10/2022
Achégate a CCOO se non se respectan os teus dereitos como estudante en prácticas

Para CCOO é inaudito que as universidades aposten no século XXI por un modelo de prácticas precarias.

06/09/2022
Xuventude Mentoring

O prazo de solicitudes está aberto ata o 14 de setembro.

11/08/2022
Futuro ou conflito
12 de agosto, Día Internacional da Xuventude

Xa son moitos os anos os que levamos reivindicando un futuro digno para a xuventude do noso país e cada día que pasa é máis necesario ca nunca reivindicar e mellorar as condicións de vida da nosa mocidade.

30/06/2022
Bono alugueiro mocidade

O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou as bases reguladoras do programa de bono alugueiro mocidade 2022. A Secretaría de Política Social de CCOO edita unha folla informativa resumindo as principais claves a ter en conta.

12/08/2020
12 de agosto, Día Internacional da Xuventude

​Hoxe, no día internacional da xuventude, as CCOO de Galicia queremos reivindicar un FUTURO con maiúsculas para a mocidade do noso país.

26/09/2019
A Comisión Executiva Nacional emitiu unha resolución sobre o debate
  • A Xunta ten mecanismos de intervención nas crises sectoriais e empresariais da nosa comunidade e non podemos renunciar a usalos para salvagardar a actividade industrial e o emprego vinculado a ela

A Comisión Executiva Nacional de Comisións Obreiras de Galicia emitiu hoxe unha resolución sobre o debate de política xeral que tivo lugar o mércores no Parlamento galego. Para CCOO, sería «imperdoable» que este debate fose o anticipo dun «longo período de campaña electoral» ata as eleccións autonómicas do 2020. Ante os numerosos retos que ten por diante o país, o sindicato insta a aproveitar a elaboración dos orzamentos do ano 2020 e do Plan Estratéxico de Galicia 2020-2030 para posicionar a Galicia ante os cambios que se aveciñan.

19/09/2019
De esq. a der., Alejandro Rodríguez Pazos, Ramón Sarmiento e Omar Ceveira
  • Comisións tamén presentou unha ecoacción: a comezos do 2020 plantará un castiñeiro nun monte comunal por cada nova afiliación que se produza este trimestre

«Non haberá emprego nun planeta morto» é o lema que presidirá a presenza do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia na xornada de mobilización mundial polo clima do vindeiro 27 de setembro. Para CCOO, o cambio climático é un «desafío global» con graves consecuencias de todo tipo, medioambientais, económicas, sociais e laborais. Cómpre avanzar nunha xestión dos recursos «eficiente e sostible», pero planificando o impacto no emprego e nas condicións laborais. Por esta razón, o sindicato esixirá que a transición enerxética sexa «socialmente xusta e planificada».

12/08/2019

O Día Internacional da Mocidade, as CCOO de Galicia, como o resto do ano, reivindica á mocidade como parte activa nos procesos de transformación dentro da propia clase traballadora, e pon de manifesto as necesidades materiais e tamén a necesidade de organizarse para avanzar e mellorar as nosas vidas.

19/06/2019
A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia publica esta guía en formato electrónico

A Secretaría de Emprego de CCOO de Galicia publica en formato electrónico a 'Guía práctica para buscar emprego', na que se resume a principal información sobre a procura dun posto de traballo. Polo seu enfoque, trátase dunha ferramenta destinada especialmente á mocidade que procura o seu primeiro emprego, se ben o contido pode ser de interese para calquera persoa.